Andaina PSM (con sede en Dodro) redobra esforzos para loitar contra as altas taxas de suicidio da nosa terra

18 Outubro 2021

Dende xaneiro de 2021, a asociación Andaina PSM (Pro Saúde Mental), con sedes en Dodro e Ordes, desenvolve un programa de prevención do suicidio nas comarcas de Ordes e Ulla-Sar co que pretende abrir o debate en torno a un problema que vén incidindo de maneira notábel na comunidade, tal e como pon de relevo a Memoria 2020 do Instituto de Medicina Legal de Galicia (IMELGA). Nel reflíctese que o ano pasado morreron pola dita causa 307 persoas no noso territorio. Este dato sitúa a Galicia como a segunda Comunidade con meirande taxa de suicidios despois de Asturias. A Coruña é a provincia que máis suicidios rexistra cunha cifra de 135 mortes.

Dende Andaina PSM, coincidindo coa recente celebración do Día Mundial da Saúde Mental, emitiron un comunicado no que se incide “na necesidade de abordar a problemática de xeito integral comezando pola sensibilización da comunidade para dotala de información e ferramentas para a abordaxe da conduta suicida”. Segundo indica a asociación, “o que sabemos do suicidio ata agora permite que nos poidamos anticipar, e permite que profesionais, familiares e outras persoas próximas poidan detectar as sinais e prestar a axuda que a persoa necesite”. Neste senso, a entidade avoga por xerar un debate aberto na sociedade e que as administracións se impliquen no problema, con máis recursos e orzamentos.

Andaina PSM comezou a traballar na prevención do suicidio cun programa piloto no ano 2020 na comarca de Ordes, que ten continuidade neste 2021 a través dun programa integral para a mellora na detección e intervención en risco de suicidio nas comarcas rurais de Ordes e Ulla-Sar. Con esta iniciativa preténdese contribuír á redución da incidencia de suicidio nas comarcas anteriormente nomeadas a través de tres liñas de actuación: información e sensibilización social, intervención con persoas e grupos vulnerábeis e formación a profesionais do ámbito sociosanitario.

Ao abeiro deste programa elabóranse diferentes materiais de apoio e realízanse sesións formativas e charlas das que se manterá ao tanto á poboación a través da súa difusión en redes e anuncios na contorna.

Andaina PSM lembra que está a disposición daquelas persoas que poidan precisar información e apoio en relación á conduta suicida. Faino a través das súas sedes en Ordes e Dodro (Lugar de Vigo 138, A Paxareira), dos teléfonos 659 932 481 e 981 076 405 e do correo electrónico psicoloxia@andainapsm.org.

Outros artigos

O Consello de Contas outorga unha nota alta a Dodro

O pleno de setembro en Dodro aprobou distintos asuntos de importancia como convenios de colaboración cos concellos veciños, o POS adicional 2 da Deputación ou o informe fiscalizador do Consello de Contas. O Consello de Contas, na reunión do pasado 29 de xullo, emitiu...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.