Amicos presenta Re-Mar II, unha nova edición do seu proxecto para a redución de residuos na nosa costa

08 Outubro 2021

Asociación Amicos levou a cabo unha xornada de concienciación ambiental marcada dentro do Proxecto Re-Mar II (Custodia ambiental para a redución de residuos no Espazo Mariño Protexido das Rías Baixas). A cita foi este 7 de outubro no Centro Social de Cabo de Cruz.

O proxecto Re-Mar II presentouse como unha continuidade do proxecto Re-Mar, posta en marcha tras un ciclo de entrevistas e reunións cos axentes colaboradores na primeira edición da iniciativa (confrarías de pescadores, colexios, administracións públicas con competencias en materia de conservación do medio ambiente e do patrimonio marítimo, entre outros axentes).

O obxectivo é “aproveitar os esforzos realizados durante a primeira fase de Re-Mar, en relación á xeración de lazos de traballo colaborador cos distintos axentes para a recollida de residuos”. Con estes vimbios, nesta prolongación do proxecto buscarase consolidar unha rede de colaboradores máis ampla que “custodie todo o territorio das Rías Baixas”, explicouse na presentación, engadindo a intención de acadar que “as accións de recollida de residuos deixen de ser puntuais, senón que deben estar coordinadas e integradas como unha boa práctica cidadá habitual”. Por iso, sinalaron os responsábeis de Amicos, “contemplamos a participación doutros axentes como mariscadores/as, bateeiros, clubs náuticos e empresas do sector pesqueiro, e ademais ampliamos a zona de actuación, realizando mostraxes e recollidas en desembocaduras de ríos situadas a pé das rías”.

A área xeográfica de actuación é o espazo protexido da Rías Baixas que abrangue o Parque Nacional e máis as contornas dos ríos Ulla e Lérez e as rías de Arousa, Pontevedra e Muros e Noia.

Os traballos de Re-Mar II xa comezaron a materializarse esta semana, cunha limpeza colectiva levada a cabo este xoves 7 de outubro polos voluntarios de Amicos e os integrantes da Confraría de Cabo de Cruz, que recolleron 27 quilogramos de plásticos, 3 quilogramos de mestura, e 1 de vidro. A xornada continuou pola tarde co obxectivo de presentar as accións do proxecto Re-Mar II, nela participou a xerente do GALP Ría de Arousa, Rosa Carballo, o director do Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas, José Antonio Fernández Bouzas, o presidente da Asociación de Mariscadores de Aguiño, Manuel Angel Reiriz Gonzalez, o patrón maior da Confraría de Cabo de Cruz, José Manuel Pérez, o patrón maior da Confraría Aguiño, José Antonio Santamaría, a vicepresidenta da Asociación Amicos, Digna Iglesias, o director xeral de Amicos, Xoan España e máis distintos axentes, mariscadores/as, bateeiros, clubs náuticos, colexios e empresas do sector pesqueiro.

Na xuntanza comentáronse as boas prácticas que se están levando a cabo no territorio e, mediante unha dinámica participativa na que traballaron todas as persoas da contorna das rías Baixas, buscáronse novas ideas para previr a xeración de lixos mariños.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Desde la ventana”. Mario Clavell

“Desde la ventana”. Mario Clavell

En este martes laborable miro desde mi ventana de trabajo el valle del Sarela, monte Pedroso detrás, los cultivos agostados debajo, el barrio de Casa Novas y la Casa del Presidente. Nubes de otoño y algunas gaviotas que planean. Chopos y plátanos amarillean en este...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.