A Xunta aproba os domingos e festivos nos que as grandes superficies poderán abrir en 2022

11 Outubro 2021

A Vicepresidencia da Xunta publicou no Diario Oficial de Galicia (DOG) os domingos e festivos nos que os establecementos comerciais que non gozan de liberdade horaria, entre os que se atopan as grandes superficies, poderán abrir ao longo do vindeiro ano 2022.

Os días de apertura, que tal e como marca a normativa son dez cada ano, repártense do seguinte xeito: os dous primeiros domingos do ano (2 e 9 de xaneiro); o Xoves Santo (14 de abril); os domingos 26 de xuño, 27 de novembro e 4 de decembro; o martes 6 de decembro, día da Constitución, e o xoves 8, día da Inmaculada Concepción; e os domingos 11 e 18 de decembro.

Calquera concello que o estime oportuno poderá solicitar ata o próximo 15 de novembro a modificación de ata dúas datas para o seu termo municipal para adaptalo aos festivos locais ou atendendo a calquera outra circunstancia motivada.

Vicepresidencia sinala que estes domingos e festivos non son de aplicación para o pequeno comercio, xa que, con carácter xeral, poden decidir libremente o seu horario e días de apertura os establecementos de ata 300 metros cadrados, coa excepción dos que non teñan a consideración de pequena e mediana empresa.

Outros artigos

“A Fodona, peixeira de toda a vida”. Antón Luaces

Sempre de pé, sempre con voz de soprano fumadora invitando aos visitantes da praza do peixe e a "vacía" chea. Manola "A Fodina", filla de Agustin "O Fodón", levaba anos vendendo as capturas de seu pai aló por Guidoiros. A súa dorna pintaba en negro e vermello. Ía solo...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“El valor de tu voto”- Manuel Dominguez III

“El valor de tu voto”- Manuel Dominguez III

Hola me llamo Belarmino, permíteme presentarme. Soy diputado gracias a tu voto, sé que votaste por el partido no por mí, ya que no me conoces, te diré: estaba en paro, trabaje de vendedor, puerta a puerta, de albañil, de camarero, es decir mil oficios, pero gracias a...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.