A rapazada de Outes deixou libre de plásticos e outros residuos as principais praias do concello

21 Outubro 2021

A listaxe de areais da nosa comarca que foron obxecto de intervencións voluntarias ao abeiro da Limpeza Simultánea de Praias organizada a pasada finde por ADEGA foi máis longa do que informamos os días pasados en O Barbanza. Así, aos areais de Barraña (Boiro), Entrepuntas (O Son), Gafa (O Son) e Aguieira (O Son), cómpre engadir os de Portosiavo (O Freixo) e Broña (San Cosme), ámbolos dous na Serra de Outes e ámbolos dous acondicionados por outros tantos grupos de estudantes.

Segundo confirmou o Concello, colaborador na iniciativa, o venres desprazáronse ata Portosiavo (O Freixo) dous autobuses cargados de mozas e mozos do IES Poeta Añón acompañados do seu profesorado e unha hora máis tarde chegaba a Broña (San Cosme) outro grupo de nenos e mestres do CEIPP de Outes co mesmo obxectivo: participar na Limpeza Simultánea de Praias organizada en toda Galicia pola Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galicia (ADEGA). Os traballos, como dixemos, contaron co apoio do Concello, que coordinou a xeira de limpeza a través da Concellería de Medioambiente en colaboración coa Concellería de Educación. Trátase do terceiro ano consecutivo que Outes se implica de cheo con esta actividade de concienciación. Podemos ver as imaxes do traballo desenvolvido esta pasada fin de semana a través do Facebook do Concello.

A maiores, segundo confirmou ADEGA os días pasados, están pendentes de realizarse os traballos previstos nos areais de Muros (nas praias de Tal, Serres e Louro), que é probábel que se leven a cabo esta vindeira finde.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.