A Garda Civil honra á Virxe do Pilar, a súa patroa en Ribeira

12 Outubro 2021
Parroquia de Santa Uxía. Día do Pilar

A Benemérita celebrou este martes a festa da Virxe do Pilar, patroa da Garda Civil. O acto tivo lugar na Igrexa Parroquial de Santa Uxía cunha misa presidida polo párroco Alfonso Mera e na que participaron amais de membros do corpo representantes das distintas formacións políticas no Consistorio ribeirense.

O acto relixioso contou amais cun “convidado” de excepción que estará no templo ribeirense a “Cruz de Lampedusa” que recalou na igrexa parroquial de Santa Uxía, na que permanecerá ata a tarde deste martes.

Realizada na illa italiana do mesmo nome con madeira dun caiuco que naufragou no Mediterráneo, foi bendicida polo papa Francisco. A peza é obra do carpinteiro Francesco Tuccio, que desta forma quixo honrar e lembrar o drama das 366 persoas que ían a bordo e morreron no naufraxio. O párroco de Ribeira, Alfonso Mera, sinalou que a cruz busca sensibilizar sobre a traxedia que viven os inmigrantes.

Por outra banda a Comandancia da Coruña acolleu o acto de celebración do Día da Garda Civil, organizado pola 15 Zona. Recupera esta tradición tras o parón  sufrido o ano pasado por mor da situación sanitaria. “Nesta guerra,  contra un inimigo invisible, temos que agradecer moito á Garda Civil”,  sinalou o delegado do Goberno, José Miñones, quen trasladou hoxe ao cadro de persoal da Garda Civil a tarefa de perseguir a aqueles que atentan co seu comportamento contra a  igualdade, un dos piares da democracia, así como a prevención da  ciberdelincuencia, que hoxe aglutina o 20% dos delitos cometidos en  Galicia..

O delegado fixo unha lembranza dos últimos meses, e reiterou o  agradecemento ao labor desenvolvido pola Garda Civil na protección da  saúde pública, “un elemento que, dende agora e para sempre, formará  parte do concepto de seguridade cidadá”, apuntou.

O delegado explicou que a Garda Civil en Galicia realizou máis de  132.000 servizos no que vai de ano. Situou como fundamental a loita  contra a ciberdelincuencia. “A Garda Civil é a vacina e o tratamento  desta nova forma de delincuencia”, dixo antes de apelar á prevención e  á sensibilización do conxunto da sociedade.

Con 169 postos e cuarteis en Galicia, o Instituto Armado ten competencia en 299 dos 313 concellos da Comunidade, no 95% do territorio. Neste importante labor, a igualdade é otro dos asuntos fundamentais. “Non podemos baixar a garda. Non podemos permitir que a violencia contra as mulleres se instale na nosa sociedade”, asegurou.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pasada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...