A cruz de Lampedusa na igrexa de Santa Uxía de Ribeira ata o martes pola tarde

11 Outubro 2021

A cruz de Lampedusa recalou na igrexa parroquial de Santa Uxía, na que permanecerá ata a tarde deste martes. Realizada na illa italiana do mesmo nome con madeira dun caiuco que naufragou no Mediterráneo, foi bendicida polo papa Francisco. A peza é obra do carpinteiro Francesco Tuccio, que desta forma quixo honrar e lembrar o drama das 366 persoas que ían a bordo e morreron no naufraxio. O párroco de Ribeira, Alfonso Mera, sinalou que a cruz busca sensibilizar sobre a traxedia que viven os inmigrantes.

De 2,80 metros de alto, 1,50 de ancho e cun peso de 60 quilos, foi colocada no altar. Aos pés da cruz colocáronse uns chalecos salvavidas.

A cruz de Lampedusa iniciou unha peregrinación polas dioceses europeas. Antes de recalar en Santa Uxía estivo na cidade de Santiago e continuará o seu percorridompor outras parroquias galegas.

Cruz de Lampedusa Millán

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...