“A Galicia na que non afonda a maxistrada Ureña Carazo”. Antón Luaces

25 Outubro 2021

Con 78 anos veño de me enterar, grazas á maxistrada de Marbella María Belén Ureña Carazo, que nacín e vivín once meses na Galicia profunda tan fachendoso son  e á que teño ido cada verán a pasar un ou dous meses (cando podía). Tan profunda era que, para chegar a A Coruña desde o lugar no que nacín (parroquia da Pedra, hoxendía pertecente ao concello de Cariño e,  daquela, ao de Ortigueira) o viaxeiro tiña que botar todo o día na capital para retornar -con sorte- ao seguinte día a Cariño.
Ben saben vostedes que as pequenas poboacións da ría de Muros non son “cidades cosmopolitas” como Marbella, lugar de residencia do pai dun cativiño dun ano cuxa custodia perdeu a súa nai por mor de residir nunha “pequenísima poboación” da ría de Muros-Noia, argumento utilizado  pola xuíza da cidade malagueña que serve de eixo fundamental para que perda a custodia do neno. Todo porque en Marbella o aínda bebé terá “múltiples posibilidades para o axeitado desenvolvemento da personalidade dun neno e para que medre nun ambente feliz”, cousa que, ao parecer, non pode ter na localidade de Galicia na que reside a súa nai, que está “lonxe de todo” e na que ela non ten opcións laborais. Esta formulación dunha xuíza fai que sexamos moitos os que, nacidos e/ou criados en poboacións alonxadas de núcleos importante coma Ferrol, A Coruña, Santiago, Pontevedra, Vigo, Lugo, Ourense -amáis doutras vilas e cidades galegas- teñamos que reconsiderar se pertencemos ou non á “Galicia profunda” por onde aínda transitan as cuadrillas de Pepa “A Loba” ou os bandoleiros do bosque de Cecebre como Fendetestas, ou a miñaxoia de Juanita Arruallo.A titular do xulgado de Primeira Instancia número 7 de Marbella emprega un argumento tal contra a nai do rapaciño, que moito me da que pensar que, amáis de non coñecer Galicia, descoñece Andalucía e, nomeadamente, a provincia de Málaga na que a “Andalucía profunda” é manifesta se emprega alí os mesmo parámetros que aplica á provincia da Coruña a respeito da ría de Muros-Noia, con poboacións coma estaa citadas, máis as de Porto do Son, Portosín, Ribeira, Muros, Carnota, Lira, etc., etc., onde existen infraestruturas, centros médicos, hospitais e colexios que, talvez, non sexan os de Marbella pero que sirven perfectamente  para atender e formar a un neniño ao que o que máis importa é o agarimo dunha nai. 

Pregúntome como nos criamos os que non poidemos  criarnos en Marbella, cidade que por ter ten ata unha maxistrada que ben pode ser cualificada de “parcial” polo texto do auto por ela asinado, desprezando o tempo que esa nai adicou ao rapaz sen que este medrara coma un lobo desa “Galicia profunda” á que semella desprezar nun alegato discriminatorio que insulta a todos cantos en Galicia somos e vivimos, especialmente aos que nacimos -como é o meu caso- nunha aldea de pouco máis de 200 viciños daquela carente de estradas, luz eléctrica, autoestradas, mansións de ricos e nobles señores dos emiratos árabes, pero cunha limpa historia de homes e mulleres traballadores que, ao igual que os andaluces, souberon traballar o mar e a terra para criar rapazolos,  conformar persoas e facer deles cidadáns  que son quen de distinguir quen é quen mesmo á hora de empregar  argumentos vergoñentos, irrespectuosos e extravagantes para facer valer as súas teses arcaicas e inxustas. Porque non todo vale, maxistrada, con tal de gañar un pleito.

Viaxe a Galicia, dona María Belén. Entérese da nosa realidade. Coñeza esta terra, a singular beleza e riqueza da ría de Muros-Noia. Poderá, así,  comprobar que esa imaxinaria “Galicia profunda” súa non é máis ca un fondo, fondísimo descoñecemento que a lastra ao máis profundo dos caborcos xudiciais existentes  nunha mentalidade capaz de tal desprezo á miña terra.  

Torea está situado en Muros. Foto: google

Outros artigos

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

+

“Xosé López, un premio Diego Bernal magistral”. Alberto Barciela

Le conocí en sus andanzas en La Voz de Galicia, le seguí en sus avatares en la Facultad de Comunicación de Santiago -en una carrera muy paralela a la de Margarita Ledo o Paco Campos-, colaboré con él de forma breve en sus trabajos para el Consello da Cultura galega,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El arte y la necesidad de pensar”. José Castro López

“El arte y la necesidad de pensar”. José Castro López

Ricardo de la Cierva publicó en los años ochenta el opúsculo titulado Cómo ampliar micultura. ¿Qué puedo hacer?, que escribió con el objetivo de ofrecer una guía prácticapara construir una cultura personal que no consiste solo en adquirir conocimientos, sinoen...

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.