A depuradora de Queiruga contará cun investimento de medio millón de euros

29 Outubro 2021

O delegado territorial da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, e o alcalde de Porto do Son, Luis Oujo, supervisaron o proxecto das obras saneamento na parroquia de Queiruga, que suporá a construción dunha nova estación depuradora (EDAR). Esta actuación, sinalaron, contará cunha partida de arredor de 500.000 euros nos orzamentos da Xunta para o 2022 e o obxectivo de Augas de Galicia é poder licitar esta actuación antes de que remate o ano. Trenor recalcou que “esta obra suporá un investimento autonómico que supera os 1,7 millóns de euros”.

O representante do Goberno autonómico explicou que a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia, conta xa co proxecto, que este 29 de outubro presentou a empresa encargada do mesmo, á espera de que o Concello remate os últimos trámites municipais para poder licitalo.

O delegado da Xunta fixo saber que “as actuacións previstas pretenden mellorar o sistema de saneamento existente mediante a construción dunha nova EDAR no lugar da Ponte”. Ademais, dixo, proxéctase “unha nova rede de colectores de augas residuais, tres estacións de bombeo e dúas impulsións para a condución das augas ata a nova estación”, ao que cómpre engadir “a execución de dous colectores de augas pluviais”.

A rede de Queiruga estaría composta por un total de 10 colectores, 8 por gravidade e 2 por impulsións. Tamén son precisas 3 estacións de bombeo nos lugares de Tarrío, Seiras e A Ponte. En total prevese a construción dunha rede de colector de augas residuais, pluviais e impulsións que suman máis de 5.300 metros de lonxitude en total. Trenor recalcou que “a nova instalación suporá un gran avance para a rede de saneamento dos principais núcleos costeiros de poboación do municipio”.

Outros artigos

O 20 de xuño celébrase a II Andaina Nocturna de Nebra

Volve a Andaina Nocturna de Nebra, logo de éxito de participación do ano pasado, e faino cunha segunda edición programada para o sábado 20 de xuño a partir das 22.00 horas (recepción) na Casa Veciñal de Nebra (campo da festa) e cun prezo de oito euros de inscrición....

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...