A Cámara de Comercio de Santiago inicia o seu proceso electoral

24 Outubro 2021

A Cámara de Comercio de Santiago de Compostela inicia o proceso electoral para a renovación do seu Pleno Cameral,
segundo a Orde ICT/1074/2021 de 30 de setembro (BOE no 238 de 5 de outubro de 2021), así como polo establecido no Decreto 431/2009 do 19 de novembro, da Consellería de Economía e Industria da Xunta de Galicia, polo que se aproba o Regulamento de réxime electoral das Cámaras Oficiais de Comercio, Industria, e Navegación de Galicia (DOG no 239 de 9 de decembro de 2009).

A Cámara de Santiago informa a todos os electores da demarcación territorial que dende o día 25 de outubro de 2021
estará exposto o Censo Electoral para a súa consulta no domicilio desta Cámara, sito no Polígono de Costa Vella, na Rúa Polígono de Costa Vella, no 40 15707 Santiago de Compostela; en como no departamento territorial da Coruña da Consellería de Economía, Empresa e Innovación da Xunta de Galicia, sito na Rúa Vicente Ferrer 2 Coruña.

Os lectores poderán consultar os seus datos censais na páxina web da Cámara www.camaracompostela.com.

A entidade lembra que todos os electores teñen dereito a formular por escrito, desde o día 25 de outubro de 2021
reclamacións sobre erro, nos grupos e categorías correspondentes, que serán resoltos polo Comité Excutivo da Corporación antes do día 14 de decembro de 2021.
Contra o acordo adoptado por dito Órgano de Goberno, as persoas poderán interpoñer recurso de alzada ante o órgano tutelar.

Outros artigos

Unha fronte fría deixará chuvias e un descenso térmico este domingo

A nubosidade irá en aumento dende a mañá pola fachada atlántica, con precipitacións máis probables na Coruña, as Rías Baixas e a Mariña As temperaturas máximas experimentarán unha baixada moderada, mentres que as mínimas tenderán a subir A chegada dunha fronte fría...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.