Venres con chuvascos e baixada lixeira da temperatura

23 Setembro 2021

A xornada do venres quedará marcada en Galicia pola presenza de aire frío en altura, fonte de inestabilidade. Con esta situación, agárdanse ceos con alternancia de nubes e claros, con chuvascos treboentos, localmente fortes, acompañados de aparato eléctrico e ocasionalmente de sarabia. As temperaturas mínimas experimentarán un lixeiro ascenso, mentres que as máximas continuarán sen cambios. Os ventos soprarán do nordés, con intensidade moderada no litoral, máis frouxos no interior.

meteogalicia

O NOSO MAR: Vento do nordés á mañá e variable á tarde e á noite, forza 3 a 5 á mañá e 2 a 3 á tarde e á noite. Marusía á mañá e mar ovellado á tarde e á noite. Visibilidade regular á mañá e á tarde e boa á noite. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 0.5 a 1.5 metros á mañá e á tarde e 0.5 a 1 metros á noite.

Mareas


Muros
Hora*Altura
Baixamar00:300.6 m
Preamar06:393.5 m
Baixamar12:440.7 m
Preamar18:573.6 m
Vigo
Hora*Altura
Baixamar00:210.7 m
Preamar06:323.5 m
Baixamar12:350.8 m
Preamar18:483.5 m
Vilagarcía
Hora*Altura
Baixamar00:260.6 m
Preamar06:363.5 m
Baixamar12:400.7 m
Preamar18:533.5 m

Cámaras web da comarca  (algunha pode nun funcionar puntualmente)

Outros artigos

Domingo 6, sol e suba das temperaturas

Durante o domingo, Corpous Christi, Galicia quedará baixo a influencia anticiclónica. Con esta situación, agárdanse néboas matinais no interior e ceos moi abertos no resto con nubes de tipo alto. Na Mariña teremos nubes de estancamento. As temperaturas mínimas...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...