“So dez buques, todos eles galegos, integran a frota española en NAFO”. Antón Luaces

25 Setembro 2021

A reunión anual celebrada pola Organización de Pesqueiras do Atlántico Noroeste (NAFO) rematou -a xuízo do Goberno- con melloras para a frota española que opera nos seus caladoiros, así como “con avances para a sustentabilidade dos recursos pesqueiros e os ecosistemas”, afirma o Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación. Nesta xuntanza acordouse, amáis, un incremento das cotas de bacallao, o que confirma a tendenza favorable desta especie.
  No que atinxe ás principais especies de interese, as posibilidades de pesca de fletán negro fíxanse en 15.864 toneladas, cifra que supón un axuste do 4% a respecto da campaña precedente, en liña co dictame científico e a regla de control de capturas fixada en 2017. Desta cantidade correspóndelle a España un total de 4.248 toneladas.O ano que ven (2022) vólvese á moratoria dun só ano da pesca do camarón, pesqueira que se reabrira provisoriamente nas campañas 2020 e 2021 cunhas posibilidades de pesca limitadas que permitiron a recompilación de datos científicos para o coñecemento do estado do recurso pesqueiro.

Para o Ministerio de Pesca español, o stock de bacallao vai beneficiarse dun aumento considerable ao pasar dunha cota de 1.500 toneladas en 2021 ás 4.000 toneladas en 2022. Pero só un máximo de 2 buques españois poderán beneficiarse deste incremento malia que para o Ministerio “España é un dos principais beneficiados e disporá dunha cota de 573 toneladas”.

Mantéñense as cotas de raia, pota e locha branca. As cotas de gallineta van verse beneficiadas cun incremento -desta vez importante- do 24%.
Tocante á proteción do medio mariño, o consello científico de NAFO identificou novos montes submariños polo que a asemblea xeral pasou a integralos nas zonas pechadas á pesca de fondo. Tamén foron incluidos nos ecosistemas mariños vulnerables as agregacións de corais negros e briozoos,  e engádense aos peches xa establecidos para grandes corais e esponxas cinco novos fondos mariños con estes novos indicadores por un período de cinco anos. Catro zonas máis pecharanse durante un período de dous anos para a súa avaliación con fins científicos na campaña 2023.
Estas son as “melloras” que o Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación recoñece para España como consecuencia desa XLIII reunión anual  de NAFO, organización na que a presenza española se compón na actualidade de dez buques arrastreiros conxeladores galegos. Esta frota traballa de xeito sustentable cun rigoroso programa de observación científica dirixido polo Instituto Español de Oceanografía e cofinanciado pola Unión Europea, proporcionando datos fundamentais para o coñecemento e conservación dos recursos biolóxicos destes caladoiros.
Non deixa de ser chamativa esa certa “conformidade” do Goberno coa situación actual da frota española de NAFO, malia ir nos últimos anos en franco retroceso ao desaparecer do censo da frota arrastreira conxeladora nos caladoiros de NAFO polo menos 9 arrastreiros conxeladores dos 19 que figuraban no censo do ano 2019.

No denominado “Panorama Nacional” que elabora a patronal pesqueira CEPESCA e con datos pechados a 31 de decembro de 2018 pertencentes ao citado Ministerio de Pesca, “a frota reducíuse en todas as artes”. As cifras falan por sí soas: Os 1.594 arrastreiros que había no ano 2006, eran a finais de 2018 un total de 922 (672 menos). Os cerqueiros baixaran daquela de 803 a 579, os palangrgeiros de 534 a 371 (contabilizando aquí aos atuneiros cañeiros), e os que empregan artes menores, artes fixas e redes de enmalle pasaron de 10.400 a 7.100 barcos. 

Como resumo das grandes cifras da pesca en España (a finais do ano 2018), a frota estaba integrada por 8.972 buques; o emprego directo, 31.473 mariñeiros; a produción total de capturas mariñas, 922.564 Tm.; o valor da produción, 2.147 millóns de euros (a 31 de decembro de 2017). As importacións de peixe eran daquela 1.773.048 toneladas, cun valor de 7.322,5 millóns de euros (tres veces máis do valor da pesca realizada por barcos españois). As exportacións de peixe tiveron un valor de 4.344,7 millóns de euros, e o peixe exportado foi dun total de 1.216.734 Tm. O saldo do balance comercial segue a ser negativo, aínda que o que resulta preocupante é a caída do consumo doméstico de peixe que baixou un 4,5% en 2018 respecto do ano anterior e, aínda que non está confirmado, esa cifra pode ser superior -tanto no balance comercial coma no consumo doméstico- a data de hoxe.Nos últimos 15 anos, o balance da frota rolda os 5.000 barcos pesqueiros menos.

Certamente, non existe ningún motivo para pensar con optimismo no futuro das frotas españolas -maioritariamente galega- que, a curto e medio prazo de tempo non permite albiscar cifras máis optimistas. Un panorama triste, ben triste, nun País de pescadores.

Outros artigos

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

Manuel ¿para qué sirve la música? ¿Te podrías imaginar un mundo, la vida sin música, podrías vivir en ese mundo? Te imaginas ir al campo, y que faltase ese cantar del Mirlo o del Jilguero, que el silencioso fuese, tal silencio que hasta faltase el ulular del viento....

+

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“O mellor está por chegar” é unha expresión que se lle atribúe a aquel recoñecido poeta inglés,Robert Browning (1812-1889), que tantas veces reflexionou sobre o sentido da vida, o paso dotempo e a vellez das persoas e das cousas. Sobre a esperanza no futuro, que vén...

+

“Un jarro de agua fría” – Manuel Domínguez

La pregunta me cayó como un jarro de agua fría. ¿Mamá tú también te vas a morir? El abuelito, para él era dios, era todo, era su mejor juguete, le adoraba, pero un día el abuelo marchó, ya nunca más jugarían juntos. La pérdida era dolorosa, y si perdiese a su mama,...

+

“Pasaba por aquí, da man de Tanxugueiras” – Antón Luaces

Hei confesar -e confeso- que o canto do grupo galego Tanxugueiras ten para min, que gozo coas boas voces no eido musical, un atractivo moi especial. Particularmente a canción titulada "Pasaba por aquí", interpretada en castelán, que non é propia delas senón de Luis...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La gente”. Mario Clavell

“La gente”. Mario Clavell

En mis tertulias oigo generalizaciones tales ‘la gente escapa de Compostela’ o ‘la gente está hasta el gorro de Pedro Sánchez’ …  ¿Quién es la gente’?, ¿la sociedad?, ¿la nación?, ¿toda la nación?, ¿la colectividad, la humanidad? ‘La gente’ es demasiada gente y...

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

Desde Amnistía Internacional e algúns medios de comunicación están a denunciarse varios casos de agresións, vexacións e torturas, por parte dun grupo de militares españois, cara a algúns migrantes africanos chegados á cidade autónoma de Ceuta, algúns deles menores de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.