Retiradas máis de 13 toneladas de refugallos na Limpeza simultánea de ríos, materializada en 51 concellos (incluído Rianxo)

29 Setembro 2021

ADEGA fixo balance do acadado na catorce edición da Limpeza simultánea de ríos, organizada este pasado domingo, 26 de setembro, ao abeiro do Proxecto Ríos. En total, o voluntariado participante (793 persoas) foi quen de recoller, en diferentes cursos fluviais da nosa terra, máis de 13 toneladas de refugallos. Aproveitaron para pór de relevo a necesidade de seguir traballando para coidar o noso medio natural, fomentando a concienciación e habilitando medidas efectivas dende as administracións que rematen coa práctica de usar os nosos ríos como vertedoiros. A limpeza simultánea levouse a cabo en 51 municipios galegos, incluído o de Rianxo, da man da Asociación Veciñal de Araño e coa colaboración do Concello. Os traballos no territorio rianxeiro focalizáronse no río Te, con media ducia de persoas voluntarias e 90 quilogramos de lixo retirados.

O voluntariado de Araño (Rianxo) cos refugallos apañados no río Te

67 entidades

En cada localidade a actividade foi coordinada por diferentes entidades, dende asociacións ecoloxistas, culturais… até fundacións, centros de ensino e concellos, chegando ás 67 entidades. Houbo concellos nos que participaron varias asociacións limpando diferentes ríos como foi o caso de Gondomar, Ames ou Santiago de Compostela, entre outros. Este ano fíxose a limpeza en 50 treitos de río e participaron 793 persoas, “unha boa participación para os tempos que corren”, salientou ADEGA.

Un amplo abano de cousas que non deberan estar no río

Desta volta recolléronse refugallos moi variados, e coma sempre abundaron os plásticos: botellas, garrafas, bolsas, sacos… Apareceron rodas, baterías e motores de automóbiles, cristais e latas; tamén pilas, restos de madeira, mobles, ferralla, algún televisor e entullos. Retiráronse uralitas, roupa, calzado, etc… Ademais, as toalliñas húmidas para hixiene persoal volveron a aparecer en abundancia e tamén máscaras. “É preciso reflexionar sobre o uso destes artigos, e aínda máis sobre o lugar que empregamos para desfacernos deles, xa que ao tiralos polo retrete rematan nos nosos ríos contaminando os leitos e ribeiras”, insistiu a asociación ecoloxista.

Proxecto Ríos é un proxecto promovido por ADEGA dende o ano 2005 e financiado por Augas de Galicia, que depende da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade. Para esta actividade contamos coa colaboración dos Concellos de A Estrada, Allariz, Ares, Ames, Arzúa, Carballo, Fene, Foz, Gondomar, Meis, Melide, Nigrán, Ponteareas, Pontevedra, Rianxo, Ribadumia, Salceda de Caselas, Santiago de Compostela, Teo, Tomiño, Verín e Xinzo de Limia.

O voluntariado dun concello da nosa contorna: Padrón

Outros artigos

Noia Limpa recolleu 70 quilogramos de lixo na praia de Testal

Na mañá deste sábado 17 de outubro a asociación Noia Limpa levou a cabo unha nova xornada de limpeza da praia de Testal, no marco da XV Limpeza Simultánea de Praias promovida por ADEGA. Grazas ao traballo das persoas voluntarias, conseguíronse retirar un total de 70...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Eu tamén quixen bailar coma Javi” – Fernando Sarasketa

“Eu tamén quixen bailar coma Javi” – Fernando Sarasketa

Foto de Javi Bermúdez na Sala Real Acababa de chover e Javi empuxoume con firmesa coas dúas mans para poñerme debaixo dunha pingueira. Unha pinga conxelada caeu serteira no meu lombo pasando áxil a rentes da caluga e da camiseta, sen tocalas. “Agora xa sabes o que se...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.