“Restriccións de pesca recreativa nos portos galegos”. Antón Luaces

22 Setembro 2021

A Comisión de Pesca do Parlamento de Galicia deu a súa aprobación  a unha proporisición non de lei do Grupo socialista para que a Xunta flexibilice as restricións impostas á pesca recreativa e deportiva nos portos galegos, que están a difucultar a que era unha práctica cotián nos peiraos de Galicia. A iniciativa foi poresentada polo socialista Julio Torrado, pararevisar a recente resolución do 26 de xullo pasado, que levantaba parcialmente esas restricións emanadas da Lei de Pesca de 2017.
Reclamou o parlamentario socialista unha nova regulación que compatibilice unha práctica de lecer que tamén é de necesidade para moitas familias galegas co resto de usos portuarios, coa seguridade das persoas que a practican e que conte co acordo do sextor. Torrado entende como “razoable” regular esta práctica, pero “non ata o punto de poñer limitacións tan complexas que de facto limitemos a actividade ata o máximo”.

A iniciativa aprobada este martes sinjala que “O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a revisar a resolución do 26 de xullo de 2021 pola que se levanta a prohibición vixente sobre a práctica recreativa nos portos galegos, coa intención de dar resposta ao acordo por consenso dos grupos parlamentarios no Parlamento de Galicia, centrándose fundamentalmente en: flexibilizar as zonas permitidas para a práctica da pesca recreativa, tratando de obter unha solución que maximice as posibilidades dentro da compatibilidade de usos para todas as actividades” e “Ampliar o número de menores a cargo que un adulto pode ter durante a práctica recreativa nos portos de Galicia”.

Outros artigos

“Barbacid, un científico pidiendo” – José Castro López

El cáncer de páncreas es una de las enfermedades más letales de su género y avanzar en su curación no es solo un éxito científico, es una esperanza tangible para miles de personas. Por eso, la investigación biomédica no es un lujo ni un capricho, es una inversión...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Maria Reigosa”. Xulio Xiz

“Maria Reigosa”. Xulio Xiz

Poucas veces alcanza tanta notoriedade un membro da Corporación municipal de Lugo como agora ocorre con María Reigosa, incorporada xa avanzada a lexislatura por parte do P.S.O.E. O protagonismo dos concelleiros queda diluído no papel dos grupos municipais, como o dos...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.