Rematou a Escola de Verán 2021 impulsada polo Concello de Dodro

01 Setembro 2021

O Concello de Dodro apostou forte este ano por achegar á rapazada un verán de lecer e descanso pero tamén formativo e deportivo. Desta liña de traballo abrollou unha das actividades estrela: a Escola de Verán de Concilia Dodro 2021, que foi dirixida a nenas e nenos de 3 a 12 anos e que rematou este último día de agosto o seu programa de iniciativas para os pequechos da casa.

Houbo unha entrega de diplomas e máis un agasallo para todas as persoas participantes. Podemos ver as imaxes da actividade de clausura na que participou arreo a concelleira Ana Muñiz, no Facebook do Concello de Dodro.

As sesións da Escola de Verán 2021 desenvolvéronse no CPI Eusebio Lorenzo Baleirón en catro quendas: do 1 ao 15 de xullo, do 16 ao 30 de xullo, do 2 ao 13 de agosto e do 16 ao 31 de agosto.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...