A Asociación Provincial de Protección Civil organizou na tarde de onte un acto en Carballo para homenaxear as distintas agrupacións de voluntarios da provincia da Coruña polo seu traballo e servizo á cidadanía durante a
crise sanitaria provocada pola irrupción do covid, amén de render tributo a outras instituciós e forzas de seguridade.
Entre os representantes das 72 agrupacións que asistiron ao acto, acudiu o presidente de honra da agrupación ribeirense, Francisco Sánchez Fraga, quen recolleu o obsequio conmemorativo no evento celebrado no pavillón de San Luis Romero.
Tamén estiveron representantes doutras agrupacións da comarca como A Pobra ou Boiro, coas que Sánchez Fraga se retratou en tan solemne acontecemento, que contou coa participación de numerosas persoalidades como a subdelegada do Goberno na Coruña, María Rivas; o director xeral de Emerxencias, Santiago Villanueva; ou o
alcalde de Carballo, Evencio Ferrero.