Porto do Son celebra as Festas do Carme

08 Setembro 2021

Proseguen este mes de setembro as grandes celebracións da nosa comarca, que, este ano comparten un esforzo común por facer perdurar a esencia festiva das grandes citas do calendario ao tempo que se reducen aforamentos e se aposta por un meirande distanciamento. Nesta liña, a área de Cultura do Concello de Porto do Son vén de subir ás redes o programa de citas e espectáculos e demais actividades das Festas do Carme da vila sonense. A axenda desenvolverase entre os días 7 e 11 de setembro.

Neste mércores celebrouse a festa en honra da Virxe do Carme na Capela da Atalaia, acto que contou coa presenza da Conselleira do Mar Rosa Quintana cacompañada do alcalde da vila Luis Oujo Pouso, e membros da corporación municipal.

As festas continuarán ata o próximo sábado.

– 9 de setembro – O Loreto

Misas ás 9:00h, 10:00h, 11:00h, 12:00h, 13:00h, 19:00h e 20:00h na Capela do Loreto

Autorízase ir a comer ao Campamento do Loreto, mais por prevención fronte ao COVID19 (nota: non haberá sardiñada)

O son do Pote

-10 de setembro – San Roque

Canlebó de Camboño

Misas ás 10:00h e ás 12:00h na Capela da Atalaia

Loren Tevra ás 13:00h na Fachada Marítima

Luar na Lubre (será preciso inscrición previa entrada · Actuación pertencente á Política Lingüística da Xunta de Galicia)

(Teloneiros) Dequenvessendo

–11 de setembro – A Caridade

Canlebó de Camboño

Misas ás 10:00h e ás 12:00h na Igrexa Parroquial

DJ Geno · Cabina Móbil e Discotecas Móbiles ás 13:00h na Fachada Marítima

Banda Cultural Vila de Noia ás 13:00h na Praza de España (O País das Bandas · Xacobeo 2021)

Festa da Auga con inchables acuáticos e espuma de 12:00h a 14:00h e de 16:30h a 20:30h no xardín do porto

Stormy Trucks ás 21:00h na praza de España

Outros artigos

O Culturgal Expandido recala esta semana en Muros

A edición 2026 do Culturgal Expandido chega esta fin de semana ao Mercado Municipal de Muros cunha programación gratuíta e para todas as idades. Na presentación do programa participaron Natividad Gonzalez, deputada de Cultura da Deputación da Coruña; María Lago,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.