O Sons da Vila achega na Pobra unha sesión musical a cargo de Alba & Loren

08 Setembro 2021

A Concellaría da Cultura da Pobra do Caramiñal, da cal é titular a edil Patricia Lojo (PSdeG-PSOE), xunto coa produtora Silencio Roto, atópase reprogramando algunhas das sesións musicais enmarcadas no Sons da Vila que non se puideron levar a cabo a principios de agosto pola situación epidemiolóxica derivada da COVID-19 que atravesaba o municipio por aquelas datas e dando cumprimento ao bando da alcaldía sobre medidas extraordinarias neste senso. O ciclo continúa no 12 de setembro, ás 21.00 horas, con Alba & Loren, na rúa Unión/Cantón da Leña.

Cómpre lembrar que no día 10 será a quenda de Adolfo FH, ás 21.00 horas, na praza Paulino Santos, tal e como xa se indicara cando se anunciou que se retomaba o ciclo, o cal está pensado para as terrazas dos locais hostaleiros ao tempo que se contribúe a visualizar e reivindicar grupos locais e á dinamización da vila.

Outros artigos

Lecer na Ribeira presenta as propostas culturais para o verán

Este luns 23 de xuño presentouse en Santa Uxía a programación cultural do verán, baixo a denominación Lecer na Ribeira, que engloba todas as accións da época estival, dende esta derradeira fin de semana do mes de xuño ata a primeira quincena setembro. Na presentación...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Premios Lois Peña Novo” – Xosé González Martínez

“Premios Lois Peña Novo” – Xosé González Martínez

Este ano as asociacións integrantes do Colectivo Galeguizar Galicia están a desenvolver moitas iniciativas novidosas para incentivaren o uso da lingua galega en todos os eidos nos que están presentes. Por poñermos un exemplo, a Irmandade Xurídica Galega, que celebrou...

“La historia de Fuente Seca” – Manuel Domínguez

Dejadme contar la historia de Fuente Seca . La pequeña aldea se estaba muriendo de soledad y abandono. El parque solitario, el silencio de la mañana y la tarde, tanto era así que hasta el rio no cantaba. La escuela cerrada, como cerrada la alegría de los viejos del...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.