O luns inicianse as obras na estrada AC-543 na contorna de Santiago que suporá afeccións ao tráfico

19 Setembro 2021

A Xunta inicia o luns as obras de mellora do firme da estrada AC-453, que une Roxos con Portomouro, na contorna de Santiago, que suporán afeccións ao tráfico, sendo necesario o corte diúrno e o desvío do tráfico ata o vindeiro
7 de outubro.
As actuacións consistirán no acondicionamento da capa de rodadura nos treitos máis deteriorados da estrada AC-453 ao seu paso polos concellos de Santiago, de Ames e do Val do Dubra.
Durante a execución das obras o tránsito diúrno neste tramo da vía autonómica, do punto quilométrico 0 ao 3+40, quedará restrinxindo a residentes e vehículos escolares, que poderán acceder mediante circulación alternativa regulada con semáforos. Para o resto de usuarios deste tramo, incluíndo os vehículos pesados de máis de 3,5 toneladas, habilítanse os correspondentes desvíos polas pola vía autonómica AC-554 e a vía provincial DP-0203. A duración deste corte será durante a xornada de traballo, restituíndose cada día á circulación normal unha vez finalizada a xornada laboral. O tempo concreto que durarán estas afeccións ao tráfico dependerá das condicións meteorolóxicas e do avance dos traballos, aínda que se prevé que poidan finalizar o 7 de outubro. A actuación forma parte das obras de acondicionamento do firme en varias vías autonómicas, nas que se inclúen, tamén estes mesmos traballos na AC-960 desde A Susana ata o límite con Vila de Cruces, e na AC-305 entre Padrón e Ribeira, cun investimento global da Xunta máis de 1 M€.

Os traballos nas zonas máis deterioradas centraranse no fresado e na reposición do firme, en anchos variables, dependendo da posición e extensión das deficiencias. Nas zonas co firme fisurado pero sen deformación a rehabilitación consistirá na extensión dunha capa de rodadura en todo o ancho do carril.
A intervención da Xunta completarase coa reposición da sinalización horizontal e do balizamento, ademais do repintado nas zonas nas que se realice o fresado e a mellora do firme.
O departamento que dirixe Ethel Vázquez continúa traballando na conservación e no mantemento da rede viaria autonómica coa fin de proporcionarlles unhas estradas máis seguras e cómodas aos cidadáns.
Tramos de traballo na estrada AC-453.

Outros artigos

Volve o programa Rianxo Termal con tres novas saídas

O Concello de Rianxo, a través da Concellería de Política Social, organiza unha xeira de tres novas saídas ás Termas de Cuntis nos meses de outubro, novembro, decembro destinadas a persoas maiores de 50 anos empadroadas no noso municipio. As saídas encádranse na nova...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.