O Concello de Outes achega un outono cultural ateigado de obradoiros creativos, teatro e actividades para fomentar a lectura

17 Setembro 2021

O Concello de Outes publicou estes días na web municipal e nas redes sociais a oferta de actividades de cultura, deportes e do centro social para o outono e inverno 2021/2022. Podemos consultar xa o programa nos seus detalles en formato PDF.

No capítulo de escolas e obradoiros, inclúense talleres de Baile Galego (no Colexio do Cruceiro de Roo, os venres e sábados a partir do 2 de outubro), de Música Tradicional (no Colexio do Cruceiro de Roo, os venres pola tarde a partir do 1 de outubro), de Música de Banda (na Escola de Música, con comezo marcado para a primeira semana de outubro), de Pintura (na aula de pintura do Centro Xuvenil, os venres comezando o 1 de outubro), de Manualidades (en grupos en distintas parroquias do concello, un día á semana, con comezo marcado para o primeiro de outubro) e de Disfraces (do 7 de xaneiro ao 26 de febreiro, polas tardes nos centros sociais do concello).

No capítulo de actividades da Biblioteca Municipal da Casa da Cultura, haberá contacontos (os martes de 17.30 a 18.30 horas, a partir do día 5 de outubro para nenas e nenos de 3 a 10 anos) e actividades de fomento da lectura (Ler Conta Moito), incluíndo os espectáculos O que levamos nas maletas (o 5 de outubro ás 17.30 horas, con Magín Blanco), A verdadeira historia de Hamelín (o 13 de outubro ás 17.30 horas, con Moc Moc e Mere Clown) e Contos dos Ratos de Lonxedetodo (o 19 de outubro ás 17.30 horas, da man de Trinketrinke Teatro).

O espectáculo Tres Vellas (polo menos) de Excéntricas

Respecto das artes escénicas, o Outono Teatral de Outes vén cargado de espectáculos:

-Rockeando con Ramona Órbita. Pakolas. O 25 de setembro ás 19.00 horas.

-Dúas donas que bailan. Teatro do Atlántico. O 2 de outubro ás 20.00 horas.

-Os tres porquiños. Educa Teatro. O 9 de outubro ás 19.00 horas.

-Soga e Cinsa. Aporía Teatro. O 10 de outubro ás 17.00 e ás 20.30 horas.

-Os fabulosos cleaners. Malasombra. O 16 de outubro ás 19.00 horas.

-Despois das ondas. Butaca Zero. O 23 de outubro ás 20.00 horas.

-Proxecto Noé. Sarabela Teatro. O 6 de novembro ás 19.00 horas.

-A Lingua das Bolboretas. Sarabela Teatro. O 13 de novembro ás 20.00 horas.

-4 Segundos. IO – Pistacatro. O 27 de novembro ás 20.00 horas.

-Chola, A IT Girl. Artesacia – Urdime. O 27 de novembro ás 20.00 horas.

-O mel non caduca. Ibuprofeno Teatro. O 4 de decembro ás 20.00 horas.

-Ris Ras. Baobab Teatro. O día 11 de decembro ás 19.00 horas.

-Só. Xampatito Pato. O 18 de decembro ás 19.00 horas.

-Unha festa de Nadal na fraga. Teatro Calavera. O 26 de decembro ás 19.00 horas.

-Punkdemia. Peter Punk. O 30 de decembro ás 19.00 horas.

-Laretando nas lareiras. Martín Camiña e Fani Triana. O 15 de xaneiro ás 19.00 horas.

-Tres vellas (polo menos). Excéntricas Producións. O 22 de xaneiro ás 20.00 horas.

-3Pilgrims. De Redrum Teatro. O 29 de xaneiro ás 20.00 horas.

O Concello engadiu que as inscricións nas actividades debe facerse cubrindo a folla habilitada (tamén en PDF) e entregándoa no rexistro do Concello, ben de forma presencial ou a través da nosa sede electrónica.

Outros artigos

Publicidade

PEL
PEL

Revista en papel

Opinión

“Fillos da máquina”. Luís Celeiro

“Fillos da máquina”. Luís Celeiro

Era tan grande que non se vía. Ocupaba a sombra toda e, ao mirala, era de noite seguido. Non se víanada. Pero, aquel amigo tiña consigo unha teima teimuda, pensaba na ciencia, miraba para astradicións e os costumes, sacaba o bico pola galería de madeira e, ao chegar a...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.