Este venres presentase na Pobra o caderniño sobre as vidas dos barbanceses que estiveron no campo de Mauthausen

23 Setembro 2021

O Auditorio do Museo Valle-Inclán da Pobra do Caramiñal vai dar acollida á presentación do sétimo caderniño da colección Episodios Republicanos Barbanzáns, que leva por título Barbanceses en Mauthausen. Será o 24 de setembro a partir das 20.30 horas.

Os detalles do acto (e algúns da nova publicación) foron dados a coñecer polo concelleiro da Memoria Histórica, Xabier Santos (BNG), e membros da Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Barbanza: a presidenta, Celia García; o secretario, Xulio Axeitos; e a tesoureira, Pilar Pereiro.

O edil lembrou que “se trata do segundo acto da Memoria Histórica que se desenvolve no municipio unha vez se retomaron as actividades impulsadas polo Concello despois de que estivesen interrompidas con motivo da situación epidemiolóxica derivada da COVID-19”. Do mesmo xeito, o concelleiro trasladou o seu agradecemento á entidade polo labor que levan a cabo e manifestou que “terán as portas abertas para vindeiros actos.”

Pola súa parte, Celia García apuntou que os caderniños dos Episodios Republicanos Barbanzáns “teñen moi boa acollida na nosa zona porque nos acercan á nosa historia” ao versar sobre “nomes, lugares e feitos que nos resultan próximos.” Neste senso, salientou a importancia de contribuír á divulgación dos mesmos, pois “cremos que unha sociedade democrática e madura non pode ir para adiante sen coñecer o seu pasado”. Tamén felicitou ao Concello por contar no seu organigrama cunha concellaría dedicada á Memoria Histórica.

O caderniño a presentar, obra de Xoán Fernández Callón e con portada ilustrada por Uxía Fernández Outeiral, ofrece, segundo explicou Xulio Axeitos, “un estudo minucioso arredor dos 14 barbanceses que estiveron no campo de concentración de Mauthausen”.

Segundo se fixo saber na rolda cos medios, as persoas interesadas en asistir ao acto de presentación deberán anotarse no enderezo electrónico crmhbarbanza@gmail.com ou no teléfono de contacto 664081327. Tamén poderán facelo in situ no propio día do evento. Será preciso indicar nome, apelidos e teléfono de contacto. Seguiranse as medidas establecidas por mor do coronavirus.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...