O BNG pide garantir o futuro da planta de residuos de Lousame, mellorala e rexeitar a súa integración en SOGAMA

23 Setembro 2021

O portavoz de Medio ambiente do BNG, Luís Bará lamentou o voto en contra do Partido popular á  proposta do BNG para  “establecer liñas de colaboración e cooperación coa Mancomunidade Serra do Barbanza para garantir a continuidade, viabilidade e mellora do sistema de recollida e tratamento da planta de residuos de Lousame”·

A proposición non de lei, defendida polo deputado do BNG incluía:  “colaborar economicamente na dotación de medios materiais necesarios para a modernización e mellora da planta e rexeitar a campaña de ataque contra o sistema Lousame coa intención de transformar a  planta de tratamento de residuos, nunha planta de transferencia integrada en SOGAMA”.

Bará reiterou que os datos sobre a política de residuos do Partido popular constatan o “seu fracaso” e criticou o argumento da Xunta para xustificar que Galiza acadou o 15% no ano 2020 cando en realidade tiña que alcanzar o 50%,  en materia de recuperación e reciclaxe “estamos a cola do estado”.

Por outra parte, denunciou a falta do Plan de Xestión de residuos urbanos de Galiza cando o anterior xa caducou no ano 2020 e o Partido popular continúa tomando “decisións de maneira improvisada”. Un días, ocorréselles facer unha planta e ao seguinte queren reconverter as plantas de transferencia para  recoller materia orgánica. Para qué, preguntou, que van facer con esa materia orgánica? Van levala a queimar a SOGAMA?. Esta medida é contraria a normativa europea  pero o PP segue baseando a súa política de xestión de residuos “na incineración e no vertedoiro”  e rexeitando todo o relacionado coa económica verde. O PP “falsifica a realidade de maneira perversa”  e non ten a valencia de comparecer no parlamento para dar conta de todas estas cuestións. Fan “unha guerra soterrada e lanzando insidias” para boicotear outros sistemas, recalcou o deputado.

A directiva europea, explicou fixa que os estados membros deben adoptar as medidas necesarias para que os residuos sexan obxecto de preparación para a reutilización e que deben ser recollidos de maneira separada. Pero tamén establece que a recollida conxunta non debe afectar á preparación para a súa reutilización. “Si se recollen xuntos, metais, envases, etc. deben ser separados na planta”.

 Neste sentido, considerou que a Xunta debe “mudar a actitude de confrontación pola de cooperación coa outros sistemas como o de Lousame” que, coas melloras necesarias, contribuirían ao cumprimento das novas esixencias da normativa de residuos. En lugar de atacar e socavar o proxecto da Mancomunidade Serra do Barbanza, “o goberno galego deberían establecer liñas de colaboración e mesmo de apoio económico para garantir a súa continuidade,  viabilidade e  modernización”.

Ademais, indicou que o desmantelamento de Lousame, suporía un retroceso desde o punto de vista   social e ambiental  e con  graves consecuencias  no ámbito  laboral, xa que se “perderían arredor de 100 postos de traballo dos 160 con que conta actualmente o complexo”. Isto, reiterou o nacionalista representa un duro golpe económico, xa que estamos a falar dun dos principais centros de traballo da contorna. E ademais tería unha “especial incidencia negativa no emprego feminino, que é maioritario na planta de tratamento de Lousame”, concluíu.

Outros artigos

Falece afogado un home de 80 anos na praia de Caldebarcos en Carnota

Un home de 80 anos morreu afogado na mañá deste venres na praia de Caldebarcos, no municipio coruñés de Carnota, á que acudira para darse un baño. O falecido é veciño de Caldebarcos. O corpo da persoa falecida foi recuperado por un particular. Foi o mesmo particular...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“A vivenda” – José Manuel Pena

“A vivenda” – José Manuel Pena

É un ben de mercado para o negocio particular ou un dereito básico, fundamental e humano, como pode ser a educación, a sanidade, a prestación por desemprego ou a xubilación? A vivenda, en Galicia e no resto de España, continúa sendo un negocio e un ben de...