O BNG amosa a súa preocupación polas obras de rehabilitación da Ponte Nafonso

23 Setembro 2021

O Bloque Nacionalista de Galego vén de emitir un comunicado no que mostra a súa preocupación polo futuro da Ponte Nafonso e pola natureza dos traballos que se están a realizar nela para rehabilitala e poñela en valor. A agrupación recoñece que “logo de presenciar as obras de restauración da ponte que afectan aos concellos de Outes e Noia, entendemos que é preciso que a Xunta faga unha modificación do proxecto para arranxar o problema xurdido polas infraestruturas de telecomunicacións e que se conserve e manteña o histórico peitoril de pedra”.

Imaxe virtual do proxecto de posta en valor cuxos traballos xa se están a desenvolver

Os nacionalistas tamén fan saber no seu comunicado que “levan anos demandando unha actuación integral que consideran moi necesaria” e tamén a restitución do peitoril de pedra que se retirou no seu momento para anchear a vía: “Sabemos do gran valor histórico, cultural e paisaxístico que supón a ponte para a nosa comarca e queremos poñela en valor dende hai moito tempo e é por iso polo que nos preocupa a actuación que se está a desenvolver” indican dende a formación.

Para o BNG, unha das principais eivas da posta en valor da construción radica no feito de que non se contemple a existencia de tubaxes de telecomunicacións, non entendendo que nin as dúas administracións locais implicadas nin a Xunta “reparasen nunha cuestión tan notoria”. Segundo engaden, “unha vez recoñecido o problema, pretenden elevar o firme do empedrado por riba do previsto, unha improvisación que provocaría que as varandas de ferro se teñan que elevar, coa axuda dunhas novas columnas de pedra, por enriba dos apartadoiros”.

Os nacionalistas demandan que “se proceda coa reparación do dano feito ao abrir a gabia de telecomunicacións e que non se deixe feita unha chapuza o rematado da varanda”.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Valentía política” – José Manuel Pena

“Valentía política” – José Manuel Pena

A maior parte dos nosos políticos e gobernantes sempre falan, publicamente, do cumprimento da legalidade vixente. Á parte de que son eles os encargados de lexislar, non chego a comprender de que tipo de legalidade falan, se das leis ordinarias, dos Reais Decretos...

“Miseria humana” – Manuel Domínguez

“Miseria humana” – Manuel Domínguez

Todas las encuestas, absolutamente todas dan el resultado que en estas elecciones se llevaran un varapalo enorme, que la caída será de órdago, lo saben. Pierden como estaba previsto, tardan en analizar el fracaso. Resultado la culpa del fracaso es del muerto, la culpa...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.