Novo record de usuarios en “obarbanza.gal”. Máis de 40.068 usuarios únicos en agosto

01 Setembro 2021

A nosa web bate record este mes de agosto superando os 40.068 usuarios/distintos. (Esta cifra refricte o número de persoas físicas diferentes que accederon o sitio- Datos de Dinaserver). Esto supón que cada día de media acederon o diario dixital 2.278 usuarios acadando no mes as 70.623 visitas.

O crecemento nos últimos doces meses foi dun 216,52 %, mentres que os usuarios únicos aumentaron nun 362,95 %. Durante o mes de agosto do ano 2021 leeronse de media 7.974 novas/día de media, 219.603 no mes de agosto.

Respecto á procedencia dos nosos lectores España, Noruega, Estados Unidos, Francia Alemania, Federación Rusa, Suecia, Arxentina e Chile encabezan o listado no que temos lectores de 123 países.

A sección de opinión incorporou novas sinaturas que están a ter unha magnífica acollida xunto ás xa habituais. Así con Antón Luaces, Jacobo Otero Moraña, José Manuel Pena, Manuel Dominguez, Celia García Pillado, Andrés Fariña e Manuel González González, únense as plumas de Xavier Alcalá, Xulio Xiz, Xosé AntonioPerozo, José Antonio Constenla e Pedro Pérez. Por suposto invitamos ós lectores a que colaboren e nos manden os seus textos a redacción@obarbanza.gal.

Ase mesmo a nosa publicación mensual “O Barbanza”, segue a ter unha moi boa acollida e acaba de saír o número 25 da nosa edición en papel que coma sempre, cunha tirada de 7.000 exemplares, é repartido nos concellos da comarca e que pode ser descargado tamén de balde en pdf desde a nosa web. Nuns días estará na rúa o novo número 26 dedicado as derradeiras celebracións estivais da comarca.

No fomento e difusión dos nosos autores as fins de semana a sección “FIN DE SEMANA: AS NOSAS LETRAS. Propostas para tempo de lecer”, que está a ter un magnífico seguimento e no que promocionamos as obras sod autores galegos máis destacados. A media desta sección está por riba dos cincocentos lectores de media.

Respecto ás nosas redes sociais tamén seguen crecendo, e así facebook aumentou no último mes un 104 % con preto de 2.000 siareiros. Todo un éxito que nos anima a seguir traballando e aumentando os nosos contidos.

Lembrar que lanzamos xa hai uns meses un servizo por email. A diario aqueles lectores que o desexen reciben de balde no seu correo electrónico as novas e opinións do día. Basta con solicitalo mediante a web  http://boletin.obarbanza.gal ou o email “lectores@obarbanza.gal” ou mediante o noso whasapp 608 24 01 60.

Amais este mes de agosto puxemos en marcha a sección “RECORRENDO A NOSA TERRA ” unha viaxe por Galicia e a nosa comarca coas fotografías de Antonio Parada, o que se incorporarán progresivamente outros fotógrafos e lectores que queiran dar difusisón a imaxes da nosa terra.

Grazas e xa saben que seguimos contando co seu apoio e colaboración, ben a través do noso email “lectores@obarbanza.gal” ou do whasapp 608 24 01 60.

Outros artigos

O Porto do Son recibe a súa sexta Bandeira Verde

O Concello do Porto do Son recibiu este 21 de outubro a súa sexta Bandeira Verde de Galicia, un recoñecemento ao compromiso municipal coa protección da paisaxe, a conservación do patrimonio natural e o coidado do medio ambiente. A tenente de alcalde, María José...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La soledad, mala compañera”. Javier García Sánchez

“La soledad, mala compañera”. Javier García Sánchez

Afecta a una de cada cinco personas en España, y se trata de una sensación deaislamiento y desconexión emocionalNos demos cuenta o no lo cierto es que cada vez vivimos en una sociedad másindividualista donde recala con fuerza la soledad no deseada. Se trata de...

“Santos con lentes”. Xosé A. López Silva

“Santos con lentes”. Xosé A. López Silva

Hai anos que levo un caderno de santos: datas, anécdotas e atributos rechamantes, apuntados sen moita orde nin concerto. Abre por San Xerome, o mesmo que de cando en cando volve aos xornais porque na fachada de Santa María de Pontevedra, entre os doutores da Igrexa,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.