“Non vales para nada” – José Manuel Pena

29 Setembro 2021

Onde vas? Cólleme o móbil e contéstame ás mensaxes, óuvesme? Non me leves a contraria cando estou nervioso, vale? Es unha puta! Non vales para nada! Estas son algunhas frases coas que almorzan moitas mulleres maltratadas, por parte dos seus maridos, parellas ou compañeiros de piso. Merece preguntarse: por que aguantan tanto algunhas mulleres? Seica non saben que terían que deixar a relación, nese mesmo momento, sen ter que agravar moito máis a situación? O maltratador, persoa enferma, egocéntrica e nada empática, nunca vai abandonar os malos tratos senón todo o contrario. Se non hai máis remedio, tratará de dar “mágoa” para manter ao seu lado á parella.

Os expertos aseguran que é un problema de educación e que será difícil pór límite definitivo a estes “crimes machistas”. En realidade pode ser certo xa que actualmente, calquera que se pasea pola rúa ou visita os lugares de lecer da mocidade, pode observar cantidade de casos de malos tratos, tanto psíquicos como físicos, entre parellas de mozas. Algunhas mozas, de 14, 15 ou 16 anos, non son conscientes e toman como algo habitual que o seu noivo as controle e as humille ante os seus colegas. Mozas que aumentan a súa autoestima tendo, sempre ao seu lado, a un mozo. Polo seu noivo mesmo se pegan coas amigas ou as compañeiras da cuadrilla. Logo cústalles deixar a relación, cando observan que non é ouro todo o que reloce, e por iso aguantan e consenten situacións de auténtico desprezo, por parte dos seus verdugos.

Por outra banda non quería deixar no tinteiro a reflexión de que os pais tamén temos moita culpa de que as nosas fillas pasen por este tipo de situacións. É necesario ter máis diálogo e complicidade con elas para que non teñan medo a que nos trasladen as súas angustias e problemas do día a día. Isto axudaría, no posible, a erradicar moitas situacións extremas que lles podería levar a perder a vida desta maneira tan inxusta.

Outros artigos

“¿Dónde está el cuchillo?” – Manuel Domínguez

Le invite a yantar en casa, me esmere en demostrar mis dotes culinarias, preparé lo que a él le gustaba, no se trata de presumir, sino agradar a un invitado, tratarlo como se trata a quien adorna mi casa, las buenas amistades embellecen. Hoy disfrutas de una bella...

+

“Hungría, la fuerza de la democracia” – José Castro López

Budapest es una de las ciudades más bellas de Europa capaz de evocar en el visitante el recuerdo de una grandeza histórica. Pero hasta el domingo 12, allí se podía constatar un sentimiento extendido de tristeza en muchos ciudadanos que coincidían en que el país había...

+

“Ocurrió en clase” – Manuel Domínguez

Ocurrió en clase. Cierto día alguien tomo un teléfono móvil que no era suyo. El robo en esas clases, en esa academia estaba muy penado, penado con la expulsión y el drama que llevaría a cuestas el alumno. El profesor apaga todas las luces, y manda cerrar los ojos a...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Deixen tranquila a Cuba, carajo!” – Antón Luaces

“Deixen tranquila a Cuba, carajo!” – Antón Luaces

Lembro unha viaxe inesquecible a Cuba que conservo coma unha experiencia que calquera galego debera vivir  para, en boa medida, entender os sentimentos xerados nos nosos devanceiros polo que a illa caribeña chegou a significar tanto para eles na súa condición de...

“A primeira reitora”. Luís Celeiro

“A primeira reitora”. Luís Celeiro

A Universidade de Santiago de Compostela está situada entre as mellores, segundo os rankinsmundiais de máis prestixio, aqueles que avalían todas as potencialidades e as capacidades dasinstitucións universitarias e de ensino superior. En Galicia, nesta esquina ou xa no...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.