
Dúas vías, tres administracións: o Goberno impulsa con 5,7 millóns de euros a sustentabilidade da pesca, e a Xunta de Galicia e o Fondo Europeo Marítimo e da Pesca, con 900.000 euros, apoain 74 proxectos de melloras en buques pesqueiros para impulsaru unha pesca sustentable. No vieiro cara a sustentabilidade atópanse as tres administracións pero, coma sempre, os uns non saben dos outros. A que xogan?.
O Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación ten un acordo de colaboración co Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) para imoulsar a pesca sustentable e a investigación do entorno mariño. As actuacións pertinentes van ser desenvolvidas por científicos do propio CSIC e do Instituto Español de Oceanografía, endebén o Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación será o que destine 5,7 millóns de euros -nas anualidades de 2021, 2022 e 2023- no marco do Plan de Impulso á Sustentabilidade , a Investigación, Innovación e Dixitalización do sector pesqueiro, contido no denominado Plan Nacional de Recuperación, Transformación e Resiliencia do Goberno de España. Este acordo forma parte do compromiso de apoio da Secretaría General de Pesca ás entidades científicas españolas, ao tempo que se cumpre cos principios da Política Pesqueira Común (PPC) que tentan apoiar e reforzar a investigación e o innovamento en todos os ámbitos da actividade pesqueira.
Nese marco de colaboración téntase a realización de actividades de análise, estudo e xeración de coñecemento cara a unha millor xestión dos recursos pesqueiros e co triplo principio da sustentabilidade biolóxica, social e económica e intercambiando a información e a realización de actividades de formación e comunicación conxuntas no ámbito da sustentabilidade pesqueira.
Pola súa parte, a Xunta apoia, como xa queda dito, 74 proxectos de mellora en buques pesqueiros para impulsar unha pesca sustentable mediante achegas cofinanciadas polo Fondo Europeo Marítimo e da Pesca a distintas actuacións coas que optimizar o labor das embarcacións pesqueiras con porto base na comunidade. Estas achegas mobilizarán case dous millóns de euros de investimento na frota de Galicia. Son axudas que permitirán introducir melloras que limitan o impacto da pesca no medio mariño, inciden na hixiene, a saúde, a seguridade e as condicións de traballo a bordo, optimizan a eficiencia enerxética e mitigan o cambio climático, implican a substitución de motores e incrementan o valor engadido, a calidade dos produtos e a utilización das capturas non desexadas.Este tipo de axudas permitiu aprobar desde 2016 ao día de hoxe un total de 238 proxectos -incluídos os de 2021- por un importe global de máis de 3,4 millóns de euros.
Tres administracións, polo tanto (a autonómica, a nacional e a da UE) que por vías distintas tentan un obxectivo común, cuestión esta apreciable pero que semella un gasto equívoco de enerxías que, seguramente, poderían canalizarse perfectamente de xeito conxunto si, como se asegura, o obxectivo -común- é a pesca sustentable.