Lousame aproba por unanimidade o seu regulamento de honras e distincións

25 Setembro 2021

A unanimidade caracterizou unha rápida sesión plenaria de Lousame, na que todos os puntos da orde do día foron aprobados co apoio dos tres grupos políticos municipais e sen debate. Así, o Pleno aprobou o Regulamento de honras e distincións do Concello de Lousame, que permitirá nomeamentos de fillo adoptivo e predilecto, concesión de medallas do Concello ou dar nome a unha rúa do municipio. Un regulamento que será sometido 30 días a información pública e entrará en vigor en canto se publique no BOP.
Por outra banda, o Pleno aprobou unha Declaración Institucional sobre os discursos de odio no que se comprometen a que nos actos organizados polo Concello de Lousame imperen valores compatibles coa igualdade e a non Discriminación por ningunha razón de sexo, orientación sexual, raza, posición social… así como condenar calquera atentado contra a vida das persoas por razóns de sexo, orientación sexual, raza, ideoloxía… Finalmente, o Pleno
aprobou a Conta Xeral do exercicio 2020 e a alcaldesa, Teresa Villaverde, deu a coñecer que o período medio de pago do segundo trimestre de 2021 foi de 21,9 días.
Mocións
O Pleno deu o seu visto bo tamén unha moción de urxencia do Grupo de Goberno para aprobar un expediente de modificación de crédito de 13.587,35 euros para adiantar a achega municipal aos gastos do Servizo de Axuda no Fogar (SAF) Dependencia dos meses de xullo e agosto. “Son cartos que podemos liberar doutras áreas de gasto e así facilitar que as persoas que prestan o SAF Dependencia poidan cobrar canto antes”, explicou Villaverde Pais. A moción foi aprobada cos votos a favor de PP e PSOE, e coa abstención do BNG.
Finalmente, a moción de urxencia do BNG sobre o parque eólico Huracán non superou o trámite de urxencia. A alcaldesa de Lousame explicou que “en Galicia hai un plan sectorial eólico que marca as zonas susceptibles de implantación de parques eólicos. O parque Huracán non está dentro dunha zona onde se pode implantar”. Neste sentido, Villaverde Pais informou de que xa mantivo contactos coa Xunta de Galicia e asegurou que “a Xunta non vai
informar favorablemente porque non pode ir en contra do seu plan sectorial” e lamentou a falta de coordinación entre a administración do Estado e autonómica porque “así as empresas non terían que perder o tempo facendo proxectos que non poden ser aprobados”. Finalmente, comprometeuse a seguir informada e “se houbese algún parque que nos afectase, informarei aos distintos grupos municipais”.

Outros artigos

Novos pasos para a materialización do futuro centro de saúde de Noia

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, visitou a semana pasada a localidade de Noia, onde foi recibido polo alcalde, Fran Pérez, e membros do Goberno municipal. A visita produciuse poucos días despois de que a Consellería de Sanidade solicitase formalmente...

+

Volve o Concurso de Pintura ao Aire Libre de Noia

O vindeiro sábado 12 de setembro, Noia volverá converterse nun gran lenzo ao aire libre coa celebración do XVIII Concurso de Pintura ao Aire Libre “Juan José Fernández Leiceaga, Sesé”, organizado polo Concello, que informou que🖌️ ao abeiro deste certame...

+

En Noia o Concello pon a punto os colexios da Barquiña e de Bergondo

Nestes días previos ao inicio da tempada escolar o Concello de Noia mantivo varias frontes de traballo abertas en materia de acondicionamento, poñendo a punto os colexios públicos do termo municipal. Segundo informaron dende o Consistorio, tanto no CEIP Alexandre...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“De momento… no es así…”. José Fernández Lago

“De momento… no es así…”. José Fernández Lago

Puedo continuar afirmándolo porque lo veo con toda claridad, después de haber estado siempre atento a lo que sucedía. Sí, aunque otros de quienes cabría esperar que estuvieran comprometidos en ello no hayan respondido adecuadamente, yo he estado siempre inmerso en lo...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.