Incendio forestal en Lousame e tres focos en Muros

05 Setembro 2021
Lumes Grupo Barbanza

A parroquia de Lesende en Lousame, rexistrou novamente un incendio forestal á primeira hora da tarde deste domingo. O lume orixinouse ao redor das 15.00, e obrigou a activar un amplo operativo de extinción no que participaron ata sete medios aéreos.

A Consellería do Medio Rural mobilizou a dous axentes forestais, un técnico, oito brigadas, seis motobombas, unha pa, catro hidroavións e tres helicópteros. No dispositivo tamén participou o GES de Noia. O incendio controlado rexsitrou a queima de catro hectáreas.

Joferpa

Por outra banda en Muros rexistraronse esta pasada noite tres focos case simultáneos calcinaron media hectárea de monte.

O primeiro dos incendios declarouse no lugar da Alivía, en Miraflores, e non pasou de ser un conato grazas á intervención dun veciño das vivendas próximas, que logrou apagalo antes de que fóra a máis.

Pouco despois, o GES de Muros recibía un novo aviso, e de forma case simultánea comezaba a arder en dous puntos próximos en Taxes, na parroquia de Louro. Ao lugar desprazáronse, ademais de integrantes do grupo de emerxencias muradán, persoal do distrito forestal quinto, que lograron atallar as chamas con rapidez. Finalmente ardeu ao redor de media hectárea de monte.

Outros artigos

O Culturgal Expandido recala esta semana en Muros

A edición 2026 do Culturgal Expandido chega esta fin de semana ao Mercado Municipal de Muros cunha programación gratuíta e para todas as idades. Na presentación do programa participaron Natividad Gonzalez, deputada de Cultura da Deputación da Coruña; María Lago,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.