Galicia rexistra un total de 3.986 casos activos pola COVID-19

10 Setembro 2021

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 3.986 deles 1.064 son da área da Coruña, 803 da de Lugo, 443 da de Ourense, 240 da de Pontevedra, 581 da área de Vigo, 670 da de Santiago- Barbanza e 185 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 43 están en UCI, 109 en unidades de hospitalización e 3.834 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 174.287 persoas curadas, rexistrándose 2.598 falecementos. 

O número de PCR realizadas é de 2.782.004.

O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 4.200.718.

A Xunta continúa a traballar desde a máxima coordinación interdepartamental e co Ministerio de Sanidade, tamén mantendo o contacto con todos os axentes socioeconómicos de Galicia. Neste senso, Sanidade reitera que segue alerta actualizando todas as medidas e recomendacións e en vixilancia permanente.

Uso do 061 para casos graves e emerxencias e o 900 400 116 para dúbidas

A Consellería de Sanidade reitera que a cidadanía empregue o número 061 só para emerxencias ou casos graves e aconsella utilizar o número gratuíto do 900 400 116 para consultar dúbidas ou síntomas leves de coronavirus.

Sinalar, ademais, que o Sergas ten a disposición da cidadanía a páxina web https://coronavirus.sergas.gal/ na que se pode consultar información dirixida á poboación, aos profesionais sanitarios e a outros colectivos.

Rexistro de viaxeiros no 881  00 20 21 e indicacións sobre o uso da máscara

Lémbrase que as persoas que visiten Galicia nas vindeiras datas e procedan ou estivesen, durante os 14 días previos á súa chegada, nalgún dos territorios con alta incidencia epidemiolóxica incluídos na listaxe publicada no Diario Oficial de Galicia, deberán facilitar os seus datos de contacto ao Servizo Galego de Saúde, ben a través do teléfono 881 00 20 21 ou ben a través do formulario da web do Sergas.

Ademais, reitérase o carácter obrigatorio do uso da máscara en espazos interiores, e en todas aquelas situacións -tamén no exterior-, nas que non se poida garantir unha distancia interpersoal de 1’5 metros, de acordo á Orde do 25 de xuño.

Recomendacións

Os técnicos da Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade volven  reiterar as recomendacións consensuadas entre as comunidades autónomas e o Ministerio de Sanidade, e lembran que, en liñas xerais, aconséllase adoptar as medidas de autoprotección e limitación da diseminación do virus común a calquera infección respiratoria, como a gripe.

Así, extremarase a hixiene de mans, lavándoas frecuentemente, especialmente despois de tusir ou soarse, e cubrirase o nariz e a boca cun pano -preferentemente desbotable- ao tusir ou esbirrar, ou se non se dispón de pano, na cara interna do cóbado. Ademais, evitarase tocar os ollos, o nariz e a boca coas mans.

É importante tamén procurar unha axeitada ventilación dos espazos interiores optando preferentemente por espazos abertos e tratando de evitar aglomeracións. Non se debe esquecer o mantemento da distancia de seguridade, o uso axeitado da máscara e atender ás restricións específicas que se poidan establecer en cada comarca ou concello

Outros artigos

“Sempre respectable”. Luís Celeiro

Era un rapaz coma moitos outros, coma todos os outros do seu lugar e dos outros. Choraba igual quechoran todos, cando hai que chorar, e sufría coma sofren os febles, os desamparados no mundoorganizado polos poderosos. Era loitador preparado para as inclemencias...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“A Fodona, peixeira de toda a vida”. Antón Luaces

“A Fodona, peixeira de toda a vida”. Antón Luaces

Sempre de pé, sempre con voz de soprano fumadora invitando aos visitantes da praza do peixe e a "vacía" chea. Manola "A Fodina", filla de Agustin "O Fodón", levaba anos vendendo as capturas de seu pai aló por Guidoiros. A súa dorna pintaba en negro e vermello. Ía solo...

“El valor de tu voto”- Manuel Dominguez III

“El valor de tu voto”- Manuel Dominguez III

Hola me llamo Belarmino, permíteme presentarme. Soy diputado gracias a tu voto, sé que votaste por el partido no por mí, ya que no me conoces, te diré: estaba en paro, trabaje de vendedor, puerta a puerta, de albañil, de camarero, es decir mil oficios, pero gracias a...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.