Extinguido o incendio rexistrado de madrugada nunha nave industrial en Padrón

16 Setembro 2021

Os equipos de intervención finalizaron os labores de extinción do incendio orixinado na zona de fundición da fábrica de aluminios empresa Cortizo situada en Padrón.

Segundo a información recollida no 112 Galicia, arderon os filtros do interior do silo, onde os servizos de emerxencia contiveron o lume para evitar a súa propagación, sen que ningunha persoa resultase ferida nin afectada, nin tampouco se produciu ningún tipo de contaminación.

Pasadas as catro e media da madrugada, o 112 Galicia recibiu a chamada dunha persoa particular que alertaba dun incendio no interior dunha nave industrial, na estrada de Padrón cara Noia. Na mesma comunicación, o particular afirmaba que non había persoas feridas.

A partir de aí, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia comunicáronlle os datos aos Bombeiros de Boiro, aos membros do GES de Padrón, á Garda Civil e, por precaución, ao persoal sanitario.

Empresa Cortizo

Outros artigos

“Demasiada realidade”. Xosé Antonio López Silva

Cada vez voume atopando con máis xente que me conta que fixo a escolla de deixarde ler ou de ver noticias. Que buscan emisoras onde haxa só música, ou que evitantelexornais e tertulias de actualidade. Non son persoas desentendidas do mundo. Dinque non poden soportar...

+

“Dereito a unha vivenda digna, sí; pero cómo?”. Antón Luaces

Como cidadáns españois todos temos dereito a unha vivenda digna e axeitada. De feito, a Constitución Española establece no seu artigo 47 que "tódolos españois teñen dereito" a disfrutar dela. O mesmo artigo recoñece que "os poderes públicos promoverán as condicións...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Lo imposible es posible” – Manuel Domínguez

“Lo imposible es posible” – Manuel Domínguez

Lo imposible es posible. Antonio, (nombre ficticio), es un fumador desde los 14 años, con sesenta toma sus vinos y consume , ya no fuma cajetillas sino que él hace sus propios pitillos, artesanía, fue al médico, su futuro es no muy largo, sus venas son muy solidas,...

“En democracia no hay ideas prohibidas”. José Castro López

“En democracia no hay ideas prohibidas”. José Castro López

La escritora británica Evelyn Beatrice Hall publicó en 1906 el libro “The Friends ofVoltaire” en el que relata como entendía la tolerancia el filósofo francés y dejó para lahistoria la frase “No estoy de acuerdo con lo que dices, pero defenderé con mi vida tuderecho a...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.