En servizo a nova liña de 220 kilovoltios Mazaricos-Lousame

14 Setembro 2021


Rede Eléctrica de España (REE) puxo en servizo a nova liña de 220 kilovoltios ( kv) Mazaricos-Lousame para fortalecer a rede de transporte entre as provincias da Coruña e Pontevedra.

A nova liña, que conta cunha lonxitude de 27,7 quilómetros, foi executada durante 16 meses e supuxo un investimento de 11,7 millóns de euros, discorre polos termos municipais de Lousame, Rois, Brión, Negreira, Outes e Mazaricos, situados na provincia da Coruña, segundo detallou a empresa.
O obxectivo desta instalación, xunto coa liña de 220 kv Lousame- Tibo, que finaliza a súa tramitación ante a Xunta, é pechar un anel de 220 kv entre as provincias da Coruña e Pontevedra.

Aspírase a fortalecer a rede eléctrica na zona ao reforzar a garantía de subministración eléctrica e contribuír a resolver restricións técnicas, coa consecuente redución dos custos do sistema. Ademais, o peche deste anel permitirá a evacuación da xeración eólica existente e prevista na contorna, que se situará ao redor de 800 mw.

Outros artigos

No Son abriu o prazo dos cursos creativos municipais

O Concello de Porto do Son abriu o prazo para participar na nova oferta de obradoiros e actividades formativas e creativas dirixidas á veciñanza para o curso 2026/2027. As clases darán comezo neste mes de outubro e abranguen disciplinas tanto artesanais como...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un jarro de agua fría” – Manuel Domínguez

“Un jarro de agua fría” – Manuel Domínguez

La pregunta me cayó como un jarro de agua fría. ¿Mamá tú también te vas a morir? El abuelito, para él era dios, era todo, era su mejor juguete, le adoraba, pero un día el abuelo marchó, ya nunca más jugarían juntos. La pérdida era dolorosa, y si perdiese a su mama,...

“Pasaba por aquí, da man de Tanxugueiras” – Antón Luaces

“Pasaba por aquí, da man de Tanxugueiras” – Antón Luaces

Hei confesar -e confeso- que o canto do grupo galego Tanxugueiras ten para min, que gozo coas boas voces no eido musical, un atractivo moi especial. Particularmente a canción titulada "Pasaba por aquí", interpretada en castelán, que non é propia delas senón de Luis...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.