En Boiro aberta a convocatoria para dar forma ao equipo docente e directivo do Obradoiro de Emprego Torre Goiáns

29 Setembro 2021

O Concello de Boiro convocou un proceso selectivo para dar forma ao equipo docente e directivo do Obradoiro de Emprego de Xestión Forestal Torre Goiáns – Boiro. Vaise seleccionar un/ha director/a, un titor/a docente, e dous docentes. O prazo de presentación de solicitudes abre este xoves 30 de setembro e será de cinco días naturais.

As persoas aspirantes deben cumprir unha serie de requisitos, esixíbeis para o acceso ao emprego público, como son o de ter a nacionalidade española, dispoñer das capacidades funcionais para o desenvolvemento das funcións, non ter sido despedido mediante expediente disciplinario de ningunha administración pública e non incorrer en causas de incompatibilidade; ademais dos requisitos específicos de titulación e formación requirida para cada posto de traballo.

Como dixemos, o prazo de presentación de instancias para participar no proceso estará aberto a partir deste xoves 30 de setembro e será de cinco días naturais. As instancias e toda a documentación deben presentarse a través do Rexistro Xeral do Concello de Boiro, aberto de luns a venres de 9.00 a 13.30 horas, ou mediante a sede electrónica. As bases e toda a información sobre o proceso está a disposición das persoas interesadas na web municipal.

O Obradoiro de Emprego Torre Goiáns – Boiro terá unha duración de 9 meses e vai formar a un total de 20 alumnos/as traballadores/as nas seguintes especialidades: Actividades auxiliares en conservación e mellora de montes e Repoboacións forestais e tratamentos silvícolas. Este obradoiro está co-financiado pola Comunidade Autónoma de Galicia ao abeiro das axudas e subvencións para obradoiros duais de emprego.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Moitos non teñen avoa”. Luís Celeiro

“Moitos non teñen avoa”. Luís Celeiro

A Xunta de Estremadura, a través dun decreto publicado en xaneiro deste ano, concede axudaseconómicas para contratar aos avós que coiden dos seus netos. A nova apareceu publicada nosdiarios e a moitos lectores sorprendeunos. As avoas e tamén os avós eran (e son)...

“Diplomacia, moralidade ou caer da burra?” – Antón Luaces

“Diplomacia, moralidade ou caer da burra?” – Antón Luaces

O bloqueo petroleiro contra Cuba foi condenado pola Organización das Nacións Unidas (ONU). Ao mesmo tempo, este organismo internacional anunciou o despregamento de axuda humanitaria tendente a paliar a crise enerxética e alimentaria que, por tal medida coercitiva,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.