Desaloxado con cargas policiais un botellón de 2.000 persoas en Santiago

24 Setembro 2021

A policía desaloxou este xoves en Santiago de Compostela a un grupo de máis de 2.000 mozos que se reuniron no exterior dun local de lecer nocturno tras o peche do mesmo e, dadas as queixas dos veciños e o negarse os mozos a abandanonar a zona, foron dispersados con cargas policiais puntuais e dirixidas a grupos concreto.
O alcalde de Santiago de Compostela, Xosé Sánchez Bugallo, na súa habitual comparecencia ante os medios defendeu a actuación policial durante a noite deste xoves nos arredores da discoteca Ruta e na zona do Ensanche compostelán.

A partir das 3,00 horas, ao pechar a mencionada discoteca e ser desaloxado o local, grupos de mozos reuníronse na zona para seguir coa festa e celebrar un botellón. O rexedor matizou que non todos proviñan do interior da discoteca “onde habería 200 ou 250 persoas”, e que a multitude podía alcanzar as 2.000 persoas.

O rexidor compostelán recalcou que a policía actuou tras solicitar aos mozos que abandonasen a zona, algo que non ocorreu e que algúns grupos comezaron a lanzar obxectos -botellas, vasos e similares–, segundo confirmou o propio alcalde, aos axentes, “motivo que provocou a carga policial”. O alcalde asegurou que non lle consta que se disparasen pelotas de goma, como aseguran algúns dos participantes.

O alcalde informou ademais de que hai un axente policial ferido, aínda que “leve e dado de alta”. Nos vídeos gravados por algúns dos mozos, publicados en redes sociais, pódese ver a algún con feridas sanguentas na cabeza; ao que Bugallo aseverou que está “seguro” de que os axentes utilizaron “a forza necesaria e suficiente para conseguir o obxectivo de que se disolvese a concentración”. Aínda non se coñece o balance de feridos entre os participantes na aglomeración.
Este venres, a Policía Nacional informou de que abriu dilixencias polos feitos ocorridos esta pasada noite.

Outros artigos

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...

+

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...