“Deportivo, recreativo ou achegado?” – Antón Luaces

16 Setembro 2021

De neno teño collido a man algunha que outra lorcha nas pozas das rochas que había nas praias de Bandaorrío e de Fontán e, nunha ocasión, acompañei a un fillo que foi pescar cun liñón ao espigón do peirao de Ribeira e Manolo “O Carneiro”, camioneiro ben coñecido na cidade, ríase de nós -non pescabamos nin un lorcho- dicindo que ía chamar á lonxa para que pitara para a venda de peixe.

Aquí remata a miña experiencia como pescador recreativo ou deportivo, léase tamén achegado e con máis ou menos brazas de tanza ás costas.

Pero comprendo aos afeccionados á pesca -con cana ou con liñón ou liña- que levan avante unha protesta diaria contra a norma de Portos de Galicia sobre a pesca deportiva que, segundo a conselleira do Mar, Rosa Quintana (unha das conselleiras obrigadas a renunciar á súa condición de deputada do PP no Parlamento galego) dá cobertura “a unha actividade prohibida desde os anos 70” do século pasado.

Insiste Quintana en que a resolución publicada por Portos é froito do acordo acadado coas entidades representativas da pesca de lecer de Galicia e traslada “a vontade de diálogo da Xunta para avanzar na autorización desta práctica nos peiraos alí onde sexa posible”.

Entendo, polo tanto, que a Xunta non ten pechado ese concepto de prohibición ou ben que aínda é posible que se modifique o texto da norma. Pero pode que todo quede en auga de borralla se, co,mo dixo tamén a conselleira do Mar, “o Executivo galego apela á responsabilidade de todas as partes implicadas e á necesidade de traballar da man e ir vendo como se desenvolve esta práctica deportiva na comunidade co obxectivo de comprobar se é posible autorizala en máis zonas”.

O Goberno da Xunta defende a necesidade de adoptar “todas as medidas de prevención posibles” para, segundo din, “evitar riscos “, tanto nas instalacións como para os usuarios, e que a pesca recreativa sexa compatible coa operativa portuaria e coas necesidades dos distintos sectores profesionais”.

Portos de Galicia vai clarificar algúns aspectos da norma para que se entendan cuestións como a vontade de que os menores poidan desenvolver esta práctica sempre que estean acompañados dun adulto.

Sexa como for, a norma de Portos ten cabreados a centos de pescadores que se levan manifestado na práctica totalidade dos portos autonómicos galegos. E seguirán a facelo nos vindeiros días se a Xunta non da satisfacción aos seus requirimentos. Porque que prima aquí?, o dereito ao lecer -que ás veces vai máis aló deste simple feito e se converte nunha cuestión social da que se serven mais persoas-, á práctica deportiva ou á posible colisión cos dereitos dos mariñeiros profesionais que, en ocasión, tamén se queixan porque os non profesionais interfiren na súa actividade en peiraos como os moitos existentes na costa galega e que son responsabilidade da Xunta?.

Seguramente, en falando de todo este problema, pescadores recreativos e Portos de Galicia deberán entenderse. Ou deberan entenderse e por remate ás protestas para, con responsabilidade de todas as partes, desfrutar de todo aquilo feito cos cartos da cidadanía.

Outros artigos

“Fallos de bondade”. José A. López Silva

En maio de 2013, a Universidade de Syracuse, no estado de Nova York, encargoulle pronunciar o discurso para os seus graduados a un dos profesores do claustro, o escritor George Saunders, que catro anos despois gañaría o Booker británico con Lincoln en el Bardo, unha...

+

“As novas camadas petan forte na porta” – Antón Luaces

Hai quen exerce de informador e percorre España cunha buguina nunha man e un teléfono móbil na outra nunha especie de pre-aviso de que alí, no lugar, vai pasar algo importante. Por exemplo, un discurso ou debate político que "poña orde" na polarización desenfrenada...

+

“Recordar o 93 e seguir o Camiño”. Luís Celeiro

En Mérida, onde a finais do século sexto xa había un xenodochium, un albergue de acollida easistencia para as multitudes que visitaban a tumba de Santa Olalla. Os historiadores e entendidosdin que foi o primeiro refuxio para peregrinos documentado en Hispania. E alí,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“España, triste y conmocionada”. José Castro López

“España, triste y conmocionada”. José Castro López

Una encuesta reciente de IMOP-Insights pregunta por el estado de ánimo ciudadano yrevela que la tristeza es la emoción predominante entre los españoles ante una situaciónpolítica convulsa. “Una España entristecida, desengañada y hastiada de sus dirigentespolíticos”,...

“Servizos públicos de calidade” – José Manuel Pena

“Servizos públicos de calidade” – José Manuel Pena

Unha gran parte de cidadáns, responsables e comprometidos, déronse conta de que se está privatizando a sanidade, a educación ou a dependencia, piares fundamentais de calquera país moderno e democrático. A usura e a corrupción de moitos gobernantes poñen de manifesto...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.