As obras na EDAR de Rianxo obrigan a modificar o tráfico no Paseo da Ribeira

07 Setembro 2021

A empresa Proyecon, concesionaria das obras de construción da nova EDAR de Rianxo, solicitou á Policía Local de Rianxo unha modificación temporal do tráfico na rúa Paseo da Ribeira, á altura do cruce do Peirao da “T” na zona do estreito.


Segundo informaron os representantes da firma nunha reunión mantida na mañá deste 7 de setembro no Consistorio, con asistencia de representantes da empresa concesionaria, Augas de Galicia, a Confraría de Rianxo, a Asociación Rianxeira de Empresarios, a Asociación Somos Rianxo, persoal da Brigada Municipal de Obras e Policía Local, e presidida polo alcalde e a primeira tenente de alcalde, as actuacións previstas nese punto comezarán o día 8 de setembro de 2021 e terán una duración aproximada de tres meses.

Afectarán á circulación rodada en distintas fases de implantación no treito comprendido entre o peirao de Setefogas á zona dos xardíns.

Durante as actuacións necesarias en dito punto, a circulación de vehículos lixeiros que pretendan acceder ao centro histórico e á zona portuaria así como o tráfico de vehículos pesados con orixe ou destino á zona portuaria deberá efectuarse pola estrada de Tanxil, utilizando o itinerario habitual pola rúa Rosalía de Castro/Estrada de Rianxiño, rúa Arcos Moldes e cruce de Xogo dos Bolos.

Consecuentemente coa remodelación da circulación efectuada na zona antiga habilitáronse zonas de carga e descarga e de parking express na praza de Rafael Dieste. A Policía Local explicou que hai sinalización indicadora colocada.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Dime ¿para que sirven los políticos?” – Manuel Domínguez

“Dime ¿para que sirven los políticos?” – Manuel Domínguez

Desde el comienzo de la democracia, 8 leyes de educación, cada cual a peor, cada partido impone la suya, fracaso tras fracaso. 50 años de democracia, cada 6 años una nueva ley de educación. La Banca En Galicia había 7 cajas de ahorros, al ser servicio publico sus...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.