Alianza social en Ribeira para a celebración dun novidoso encontro multicultural no parque periurbano de San Roque

13 Setembro 2021

Diversas entidades representativas da comunidade social de Ribeira únense para a celebración o vindeiro sábado 18 de setembro no parque periurbano de San Roque do Primeiro Encontro Multicultural: unha novidosa iniciativa que foi presentada este mediodía no consistorio local da man das concelleiras de Cultura e Servizos Sociais, María Sampedro
e Ana Barreiro; de Suso Bello como encargado da dinamización do parque; e de Manuel Mirás, Jonathan Figueirido e Abdelamid Houdda no nome, respectivamente, de Cáritas Ribeira, ICE Renovación e a comunidade islámica no noso municipio, estando tamén implicada Cruz Vermella, que non puido acudir ao acto, ao igual que o obradoiro de cociña O Pote II.
O Primeiro Encontro Multicultural, aberto a todo aquel que desexe participar, é unha das tres  actividades incluídas no Festival Raíces, xunto ao concerto de lavandeiras “O río conta historias” ofrecido no lavadoiro do río Pedrín o pasado 15 de agosto e a acción “adopta unha árbore”, pendente de celebrar.
 
Este encontro é unha proposta socio – cultural que nace coa intención de mostrar a cultura e costumes dos diferentes colectivos que conforman a sociedade plural e diversa do noso pobo, e ao mesmo tempo involucrar á sociedade en xeral na creación e conservación do bosque do futuro. Haberá diferentes propostas de actividades enfocadas aos máis pequenos nun medio natural, co medio ambiente como motor da actividade e o fomento de hábitos de consumo
saudábeis. Unha merenda popular, actuacións musicais  e representación da cultura e costumes dos diferentes colectivos que conforman a pluralidade da sociedade en Ribeira.
 
Programación do Festival Raíces – Encontro multicultural:
16:00 h. – 19:00 h.:
• Obradoiros infantís.
• Contacontos: Contos da natureza con Troskita
• Romaría aberta (trae a túa merenda)

• Actuación musical: Os Monifates
 
19:00 h. – 22:00 h. :
• Mostra das nacións
• Actuación final: – Chamaquito Pistolas – Doctor Migraña
Tanto as edís Ana Barreiro e María Sampedro, como os representantes dos distintos colectivos implicados animaron á xente a participar neste encontro como exemplo de convivencia. Suso Bello lembrou que dende abril deste ano estase a levar a cabo o proxecto de recuperación e rexeneración do parque, que non se limita só a labores propias do mantemento do monte.  Ademais do traballo da reforestación e coidado das especies autóctonas, iniciativas como
“Adopta unha árbore” ou festivais coma “O río conta historias” incentivan a participación de todos os veciños e visitantes ao tempo que apostan pola mestura entre cultura e natureza con eixos tan importantes coma o respecto e convivencia co entorno.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.