ACOUGA rexeita a imposición dun seguro obrigatorio ás persoas que practiquen a pesca nos portos galegos

16 Setembro 2021

A Asociación Galega de Consumidores e Usuarios (ACOUGA) rexeita a esixencia, por parte de Portos de Galicia, de que as persoas que practiquen a pesca recreativa nos peiraos galegos teñan que subscribir un custoso seguro obrigatorio para poder desenvolver esa actividade de lecer.
Na resolución do ente público portuario, do pasado 26 de xullo, impónselles a estes afeccionados a contratación dunha póliza de seguro de accidentes e responsabilidade civil que cubra os danos propios en instalacións portuarias, cunha cobertura mínima de 300.000 euros, e a terceiros, cun mínimo de 450.000.
O secretario xeral de Acouga, o avogado Xoán Antón Pérez-Lema, advirte da “eventual nulidade” deste requisito, “ao ser adoptado por un órgano manifestamente incompetente e sen seguir o procedemento legalmente estabelecido”.
Precisa que na resolución da Presidencia de Portos de Galicia non consta estudo ningún dos riscos da actividade que xustifiquen a inclusión dese seguro. Na propia exposición de motivos dese texto normativo tampouco se ofrece motivación ningunha desa decisión.
Estase, xa que logo, vulnerándose o previsto no artigo 87 da Lei de Portos de Galicia, consonte o cal “os criterios para establecer os límites das pólizas, en función do tipo de actividade e do risco inherente a esta, aprobaraos o Consello
Reitor de Portos de Galicia, por proposta da persoa titular da Presidencia”.
Contía elevada e inxustificada
Pérez-Lema engade que a elevada contía das coberturas previstas “triplica as fixadas por comunidades autónomas como a catalá ou a andaluza, que tamén esixen un seguro obrigatorio para a práctica da pesca marítima recreativa de
superficie”.
Deste xeito, a resolución de Portos “infrinxe o principio de proporcionalidade que deben aplicar as accións administrativas que limitan ou condicionan o exercicio de dereitos e actividades”, e mesmo a propia Lei de Portos galega, que precisa que a esixencia desta garantía “deberá ser proporcionada en termos de risco asegurado,
fixación da suma asegurada ou límite da garantía”.
Como asociación de defensa dos consumidores galegos, ACOUGA súmase as accións emprendidas pola Asociación Galega pola Defensa da Pesca Recreativa (Agadper) na protección dos intereses e os dereitos de quen reivindican a práctica desta modalidade deportiva.
Desde as dúas asociacións chámase ás persoas interesadas a participar nasconcentracións convocadas para o sábado día 18, ás 18.30 horas, nos portos de Burela, Malpica, Muros, Ribeira, Cabo-Escarabote, Ferrol, Sanxenxo, Aldán e
Cambados. Á xuntanza na lonxa desta última localidade acudirán o presidente de ACOUGA, Manuel Pérez Arias, e o vogal da xunta directiva Domingo Iglesias.

Outros artigos

Estabilizado o lume de Ribasieira (O Son)

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello coruñés do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou estabilizado ás 18,15 horas de hoxe. O lume iniciouse ás 14,42 horas de onte e segundo as últimas estimacións provisionais...

+

Este mércores 23, comeza o outono logo dun verán de récord

Este verán foi o de maior número de días con temperatura máxima por riba dos 30 graos en Compostela, segundo datos do Observatorio Astronómico da USC Comeza o outono. Foto: Santi Alvite Ás 2:05 horas do mércores 23 dá comezo o outono no hemisferio boreal. Esa hora...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.