A Xunta reduce os trámites administrativos á ampliación da conserveira Ignacio González, en Ribeira

23 Setembro 2021

O Consello da Xunta declarou hoxe como iniciativa empresarial prioritaria o proxecto de ampliación da conserveira Ignacio González Montes, que ten por obxectivo dotar da infraestrutura necesaria á planta de Couso (Ribeira), mellorando así a capacidade de almacenamento de materias primas e os procesos produtivos de cara ao seu crecemento futuro.

Esta declaración enmárcase dentro da filosofía da Lei de simplificación administrativa, que supón, na práctica, a redución á metade dos prazos de tramitación para levar a cabo un proxecto, mantendo ao mesmo tempo todas as garantías xurídicas durante o procedemento. Así, poténciase a captación de investimentos para Galicia e a creación de emprego de calidade.

Neste caso concreto, pode facilitar o desenvolvemento dunha iniciativa que suporá a creación de 35 postos de traballo directos, o 90% deles para mulleres da comarca do Barbanza, favorecendo así o emprego feminino e impulsando a igualdade e a cohesión social e territorial. Ademais, mobilizaranse investimentos por valor de 9,5 millóns de euros, dándose ademais prioridade, no proceso de contratación, a provedores galegos e da zona de destino do investimento.

Así, con esta actuación que agora se axiliza, a conserveira poderá integrar as actividades de acondicionamento e loxística nunha única localización, mellorando a eficiencia, os custos e a súa competitividade.

Neste sentido, a ampliación da planta contribuirá á redución de gases de efecto invernadoiro, xa que están proxectadas medidas de eficiencia enerxética térmicas, a instalación de paneis fotovoltaicos, e a substitución de caldeiras de fuel por gas natural. Deste xeito, e de modo simultáneo, poténciase a economía circular e a mellora da xestión dos residuos e da auga.

O proxecto enmárcase entre as primeiras iniciativas empresariais prioritarias de Galicia, tras as declaradas polo propio Consello da Xunta para as iniciativas de Hijos de Carlos Albo e Aluminios Cortizo. Polo tanto, esta figura busca potenciar novas oportunidades empresariais e laborais en Galicia con máis simplificación administrativa; máis incentivos fiscais ás empresas; e máis facilidades para acceder ao solo empresarial.

A declaración de proxectos empresariais como prioritarios implica a concorrencia de razóns de interese público para tramitar de maneira urxente os procedementos administrativos, e implica o seguimento e impulso dos trámites posteriores necesarios a través da oficina Doing Business, creada pola Xunta de Galicia para contribuír á eliminación de obstáculos e barreiras á actividade empresarial.

Neste marco, a ampliación das instalacións de Ignacio González Montes contribuirá a consolidar un sector estratéxico para Galicia, supoñendo un efecto tractor na economía. Ademais, o proxecto axuda a impulsar unha industria orientada a dar maior valor engadido aos sectores tradicionais e con alto potencial de crecemento, imprescindibles para ser competitivos no modelo económico global.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.