A Policia local de Ribeira fará unha campaña de control do uso do móbil ao volante

15 Setembro 2021

A Policía Local de Ribeira informa de que entre mañá xoves e o vindeiro 22 de setembro vai levar a cabo unha campaña especial de control de distraccións ao volante promovida pola Dirección Xeral de Tráfico.
Neste senso, o principal factor dos accidentes mortais en España están provocados por distraccións (un 28%) seguidas polo consumo de alcol (24%) e a velocidade (23%). No ánimo de atallar o primeiro dos factores, vixiaranse determinadas condutas frecuentes tales como buscar ou contestar ao móbil, marcar un número ou enviar un
Whatsapp ou SMS, ademais de utilizar auriculares ou manexar indebidamente sistemas de navegación ou GPS.
Estas infracións conlevan unha sanción de 200 euros e a perda de 3 puntos no carné de conducir.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.