A Pobra acolle en outubro un curso sobre intervención en maiores dependentes

29 Setembro 2021

A Concellaría do Desenvolvemento Local da Pobra do Caramiñal, en colaboración coa Escola Galega de Saúde para Cidadáns, organiza un curso de intervención en maiores dependentes destinado a persoas coidadoras e cidadanía en xeral. A concelleira do Desenvolvemento Local, Amparo Cerecedo (BNG), e a orientadora laboral do Concello, Blanca Álvarez, foron as encargadas de debullar o contido.

Segundo fixeron saber, as clases impartiranse do 20 ao 22 de outubro, en horario de 10.00 a 14.00 horas, na aula multiúsos da Casa da Mocidade, seguindo as medidas establecidas por mor da COVID-19. O programa estrutúrase en tres partes: coidados básicos na demencia tipo alzhéimer, na xornada do 20; mobilizacións e hixiene postural, no día 21; e prevención de úlceras por presión e sinais de alarma en alzhéimer, no día 22.

Os obxectivos principais desta acción formativa son adquirir coñecementos básicos e competencias sobre as cuestións xa referidas, así como aclarar dúbidas.

As persoas interesadas dispoñen dende o día 30 de setembro ata 6 de outubro para inscribirse a través do rexistro do Concello, tanto físico coma telemático, onde está á disposición o documento de solicitude. Tamén será preciso achegar copia do DNI. As prazas son limitadas e cubriranse pola orde de entrada. Pódese solicitar máis información mediante o teléfono de contacto 981 377 610.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...