A Delegación do Goberno recoñece ao Garda Civil de Rianxo que salvou a un bebé de caer por unha costa no seu carriño

28 Setembro 2021


A Delegación do Goberno e a Comandancia da Garda Civil da Coruña recoñeceron este martes ao sarxento primeiro e comandante do posto de Rianxo Primitivo Aliste por salvar a un bebé que se precipitaba por unha pendente dentro do seu carriño, incidente que recollemos en obarbanza.gal.
A caída do neno foi evitada por este Garda Civil do posto de Rianxo, onde este martes desprazouse a subdelegada do Goberno na Coruña, María Rivas, e o xefe da Comandancia da Garda Civil da Coruña, Francisco Javier Jambrina.

Ambos felicitaron e recoñeceron a acción deste axente, que o pasado 8 de setembro logrou parar o carriño no que viaxaba o neno cando caía por unha pendente na rúa Irmáns Ínsua. Rivas valorou as tarefas que levan a cabo os axentes da Garda Civil e que se exemplifican co acto do sarxento.

A subdelegada subliñou a importancia da formación e da experiencia dos axentes como elementos fundamentais para desenvolver un brillante labor.

R

Outros artigos

Aguiño segue en loita para cubrir as baixas na atención sanitaria 

A contorna do Centro de Saúde de Aguiño volveu ser escenario este venres dunha nova mobilización convocada pola Plataforma en Defensa da Sanidade Pública e pola veciñanza de Aguiño para reclamar "unha atención sanitaria digna e a cobertura de todo o persoal necesario...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La salud de la merluza” – Manuel Domínguez

“La salud de la merluza” – Manuel Domínguez

Parece ser que la merluza está en peligro, ¿enferma? Pues no sé solo que la noticia dice que la merluza está enferma y se está buscando beneficios para recuperar su salud. Intentaran cambiar la temperatura del agua, tal vez tanto calor le afecte, como antaño la...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.