En Rianxo salvado pola Garda Civil un bebe nun cochecito

14 Setembro 2021

En Rianxo a actuación do sarxento da Garda Civil de Rianxo permitiu salvar a un bebé cuxo carriño se precipitou pola costa abaixo da rúa Irmáns Insua. O vídeo que acaba de dar a coñecer o instituto armado foi gravado coas cámaras situadas á entrada do cuartel rianxeiro.

A avoa que empuxa o cochecito o deixa aparcado á porta dunha farmacia que hai na devandita rúa. Segundos despois, o freo sóltase e comeza a caer a gran velocidade. As rodas víranse e parece que vai envorcar sobre a estrada, momento no que o sarxento da benemérita, Primitivo Aliste, sae correndo e logra paralo coche.

O novo heroe de Rianxo non parou de recibir felicitacións desde que se fixo pública a noticia.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.