En Ribeira, adxudicada a nova iluminación da praza do Concello e mobiliario do Consistorio

30 Outubro 2026

Prosegue en Ribeira o traballo municipal para mellorar a Casa Consistorial e a súa contorna. Ao abeiro deste obxectivo, o Concello informou da adxudicación dos proxectos para a adquisición do novo mobiliario e a iluminación da praza. O importe total é de 97.721,98 euros.

Dende o equipo de Goberno informaron que a previsión é reutilizar gran parte do equipamento existente, “pero o feito de dispoñer de máis espazo despois da rehabilitación integral do edificio, redunda na necesidade de incorporar máis de 230 novos elementos entre cadeiras, mesas e armarios”.

A empresa Paz-Dismac, S.L. resultou a adxudicataria das dúas que concorreron ao proceso por contar coa mellor oferta por un prezo do contrato de 45.561,36 euros, IVE incluído. O prazo máximo para o subministro do material será de 15 días dende a firma do contrato.

No que respecta á nova iluminación da praza do Concello, búscase “solucionar puntos que resultan escuros na actualidade, o que repercute negativamente nas condicións de visibilidade, seguridade e confort dos transeúntes”. Ademais, engádese que “estas deficiencias afectan á adecuada percepción e utilización da praza en horario nocturno”. Melloraranse, polo tanto, non só os aspectos devanditos senón que tamén a eficiencia enerxética cun novo deseño máis eficaz.

O contrato foi adxudicado á empresa Ferrovial Energía, S.A.U., das seis que concorreron, por unha contía de 52.160,62 euros, con impostos, para o subministro e instalación de seis columnas de iluminación, dotadas cada unha delas dun mínimo de seis proxectores LED, equipados coas correspondentes ópticas adecuadas ás características e necesidades do espazo. Polo tanto, combinaranse nun só dispositivo a luz branca funcional coa iluminación decorativa de distintas cores para festividades e efemérides. Estas columnas resultan dinámicas adecuándose ás distintas funcionalidades. O prazo total máximo será de dous meses.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.