Xurxo Souto e os seus contos mariñeiros fan recalada este venres en Outes

10 Agosto 2021

Este venres, 13 de agosto, os seareiros dos contos mariñeiros que xorden da confluencia e da mestura do real e do máxico (dous ingredientes que teñen xuntado moi ben na nosa tradición oral e literaria) teñen unha cita ineludíbel con Xurxo Souto en Outes, onde achegará as narracións de O retorno dos homes mariños. A función, dirixida ao público adulto, será na terraza do Náutico do Freixo a partir das 21 horas.

Xurxo Souto facendo soar a buguina mariña en Ribeira, nunha imaxe de Elena Cervinho

O espectáculo é gratuíto pero para asistir cómpre reservar por adiantado no correo cutura@outes.gal.

A actividade, organizada polo Festival Atlántica, é posíbel grazas á Deputación da Coruña, a Xunta de Galicia e mais o Concello de Outes.

Neste sesión de contos Souto rescata un mito coruñés esquecido: o dos homes mariños.

Xurxo Souto autodefínese como “terrícolo redondo”. É escritor, cantante, acordeonista, actor, director e locutor galego. Entre 1990 e 2001 foi o líder e vocalista da banda de rock en galego Os Diplomáticos de Monte Alto. Entre as súas novelas figuran Contos do mar de Irlanda (Xerais, 2014) e a novela A gran travesía de Chiruca Macallás (Xerais, 2018). Polo que respecta a O retorno dos homes mariños (Xerais, 1999, 2020), foi a súa primeira novela e vén de ser reeditada no 2020 coincidindo cos vinte anos da súa publicación.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.