Galicia permanece na influencia das altas presións, aínda que unha fronte pouco activa deixará ao norte os ceos algo máis cubertos nas primeiras horas. Así, comezaremos a xornada con intervalos de nubes baixas máis abundantes nas provincias da Coruña e Lugo e co avance da xornada os ceos quedarán despexados en xeral, con alternancia de nubes e claros no litoral norte. As temperaturas mínimas ascenderán lixeiramente mentres que as máximas sufrirán un lixeiro descenso. O vento soprará frouxo de compoñente norte.

O NOSO MAR: Vento do norte á mañá, do noroeste á tarde e do norte á noite, forza 2 a 3 á mañá, 3 a 5 á tarde e 3 a 4 á noite. Mar ovellado á mañá e marusía á tarde e á noite. Visibilidade boa. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 0.5 a 1 metros á mañá, 0.5 a 1.5 metros á tarde e 1.5 a 2 metros á noite.
Mareas
| Muros | ||
|---|---|---|
| Hora* | Altura | |
| Baixamar | 01:11 | 0.5 m |
| Preamar | 07:20 | 3.5 m |
| Baixamar | 13:20 | 0.7 m |
| Preamar | 19:38 | 3.8 m |
| Vigo | ||
|---|---|---|
| Hora* | Altura | |
| Baixamar | 01:03 | 0.6 m |
| Preamar | 07:13 | 3.5 m |
| Baixamar | 13:12 | 0.7 m |
| Preamar | 19:29 | 3.7 m |
| Vilagarcía | ||
|---|---|---|
| Hora* | Altura | |
| Baixamar | 01:07 | 0.5 m |
| Preamar | 07:18 | 3.5 m |
| Baixamar | 13:16 | 0.7 m |
| Preamar | 19:34 | 3.7 m |
* As horas están en horario local.
Cámaras web da comarca (algunha pode nun funcionar puntualmente)



