“Un humanismo moderno”. Picasso, Seoane, Vertés e Colmeiro, proposta colectiva no Museo do Gravado de Artes

14 Agosto 2021

Baixo o título “Un humanismo moderno”, as salas 1 e 2 do Museo do Gravado de Artes alberga unha nova exposición que inclúe un total de 190 obras elaboradas por catro artistas do século XX: Pablo Picasso, Luis Seoane, Maurice Vertès e Manuel Colmeiro.
A mostra foi inaugurada na noite pasada nun acto que contou coas intervencións do vicepresidente da Fundación Museo de Artes, Javier Expósito; o director do museo Pastor Rodríguez; a concelleira de Cultura do Concello de Ribeira María Sampedro; e Carlos López Bernárdez, historiador e crítico de arte, e que contou cunha nutrida asistencia, con, entre outros, o alcalde de Boiro José Ramón Romero.
Reúnense nesta mostra significativos exemplos do traballo gráfico e da ilustración de dúas figuras cimeiras da arte galega: Manuel Colmeiro e Luís Seoane, que no exilio arxentino e durante os anos corenta desenvolven unha estética con resonancias clasicistas. En diálogo con estes autores exponse a famosa Suite Vollard de Pablo Picasso, cen gravados feitos en diversas técnicas: buril, punta seca, augatinta ao azucre e augaforte, elaborados entre setembro de 1930 e xuño de 1936 e as ilustracións de Dafnis e Chloé (1954) realizadas polo artista de orixe húngara Vertès, un gravador afincado en Francia que desenvolve unha obra con indubidábeis referencias picassianas nos mesmos anos que os traballos do noso exilio.

María Sampedro recalcou a calidade da mostra. Memos unha parte da mesma, a Suite Vollard de Picasso, só a teñen sete museos do mundo, e o último en adquirila foi o Museo Británico. “Non fai viaxar ir a Londres para acceder a propostas de tanto prestixio”, dixo.
A exposición realízase en colaboración coa Asociación de Amigos de Colmeiro e o Concello de Vigo. Está previsto que no outono viaxe á Casa das Artes do Concello de Vigo.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.