“Talleres de emprego” – José Manuel Pena

A importancia dos talleres de emprego xa ninguén a pon en dúbida. Estes xeran novos recursos que permiten unha eficaz transición das persoas ao mercado de traballo, principalmente aos parados de longa duración ou de colectivos vulnerables.

A totalidade dos CC. AA. apostan por esta realidade, así como unha maioría das corporacións locais. Son conscientes de que os obradoiros de emprego constitúense como unha medida de creación de emprego e ademais, polas súas características e actividades, os municipios benefícianse dos traballos en favor da comunidade, mentres non transcorran os doce meses de duración dos mesmos (carpintaría, hostalaría, albanelaría, xardinaría, agricultura, limpeza e roza de montes, etc. ).

Son talleres que combinan unha formación dual, teórica e práctica, e en ocasións mesmo con prácticas nas propias empresas. Os traballadores non poden percibir un salario inferior ao SMI e ofréceselles a posibilidade de adquirir novos coñecementos e habilidades para reincorporarse ao mercado laboral.

Os talleres de emprego terían que servir, na práctica, de exemplo das políticas activas de emprego que conseguisen a verdadeira inserción laboral de todos os traballadores participantes.