“Ratas e miseria a bordo do “Cobija”, onde malviven 33 mariñeiros. Antón Luaces

12 Agosto 2021

​Fame, falta de hixiene, ratas que circulan polo barco sen atrancos, carencia de alimentos e, sobre todo, a sensación de abandono na que están submidos os 33 tripulantes do pesqueiro somalí (vendido en plena campaña de pesca) “Cobija”. O capitán deste buque é Pablo Costas Villar, de 54 anos, residente ata finais do ano 2019 en Bueu (Pontevedra) que foi cando embarcou para, polo de agora, non poder retornar á casa coa súa familia. 

Entre algúns dos tripulantes aparecen signos evidentes da carencia de hixiene a bordo: erupcións na pel, que ningún médico atende porque os sanitarios, en Iemen do Sur, escasean tanto como ratas abundan no buque. Tamén escasean os contactos telefónicos, finalmente recuperados este xoves. E aínda escasean máis as verbas de consolo e ánimo que, teóricamente, deberían partir do consulado de España en Riad (Arabia Saudí) dado que España non ten embaixada en Iemen e os iemenís tampouco ven con bos ollos ao Goberno español porque, din, subministran armas aos seus enimigos saudís, enfrontados con eles dende anos atrás nunha guerra da que non se albisca un final.

Após once días carentes de comunicación coas autoridades consulares, finalmente este xoves poido haber un contacto -sempre telefónico- entre o capitán Costas Villar e un portavoz consular. Un contacto que nada novo aportou se non é a evidencia de que o feito de que un español estea retido -con ou sin razón- no porto de Al Mukalla, na rexión iemení de Hadhramaut, no golfo de Adén e perto do Mar Arábigo, semella non ter importancia para o Goberno español. Costas Villar no entende que, once meses máis tarde de que o barco que manda atracara no porto de Al Mukalla, ninguén en representación do Estado español se personara no buque para se interesar polo seu estado. Sí o fixeron algúns representantes das nacións das que son cidadáns os outros 32 mariñeiros. Pero España é un caso distinto. Ata para se comunicaren. Nen siquera para se interesaren pola falta de alimentos a bordo.

Entre os familiares e amigos de Pablo Costas Villar existe o convencemento de que no Ministerio de Asuntos Exteriores non saben que facer con este caso. E tamén están convencidos de que no haberá solución se non é un diplomático español o que vaia tratar coas autoridades de Iemen do Sur desta problemática situación, á que só ven unha saída pagando un rescate económico polo capitán. Convencidos, plenamente convencidos.

Tan desconectados están os representantes consulares españois de Riad, que un voceiro deste organismo aínda preguntou o xoves cál era a situación do barco, si este permanece fondeado ou atracado a porto, se o capitán está no buque ou nun establecemento hoteleiro. Non se decatan, afirma Manolo Camaño, do sindicato CUT, encargado de repatriar a Costas Villar, do “perigosa que é aquela xente” e mesmo do escaso ou nulo valor que ten para eles unha vida humana, afeitos como están a ver mortos decote por todo o territorio iemení.

Pablo Costas Villar, na súa condición de capitán do “Cobija”, mandou ao consulado e ás autoridades gobernativas españolas tres mensaxes. Ningunha delas obtivo resposta. En Bueu, a familia do capitán non perde a esperanza do seu regreso a casa, mais non ven chegado o día dun comunicado oficial en tal sentido. Dubidan de que sexan membros do consulado español en Riad os que se poñen en contacto con Pablo Costas. Ricardo Moro é o nome dun presunto membro da embaixada, pero no nomenclátor desta sede española en Riad non figura ninguén con tal nome. Sí se sabe que Irina Sanchís é a cónsul, pero ela non da sinais de vida. Por este motivo, familia e sindicalistas poñen en entredito o interese do Goberno español por repatriar a España ao capitán do pesqueiro “Cobija”.

En poucas semanas vai cumprirse un ano da retención do barco e os seus tripulantes no porto de Al Mukalla. Acúsannos de pesca ilegal en augas australianas. Fáino un fiscal iemení a instancia de Australia. Non se aportan probas. A condena a tres meses de retención en Iemen foi retirada. E agora non se sabe certamente que é o que os mantén na actual situación, sen víveres, sen auga, sen condicións hixiénicas mínimas nun barco sen vida, compasrtindo tempo e espazo coas ratas.

Un tripulante ruso xa foi repatriado. Os demáis. ao igual que o capitán español, esmorecen no medio dunha miseria que cada día vai a máis.

Outros artigos

“Derechos”. Roberto Carlos Mirás

Dentro de unos días todos los españoles tendrán la oportunidad de cambiar de Gobierno y que éste sea mucho mejor que el anterior. El Gobierno de Pedro Sánchez ha estado rodeado de múltiples investigaciones tanto a nivel personal como el de un presidente que prometió...

+

Noia Limpa recolleu 70 quilogramos de lixo na praia de Testal

Na mañá deste sábado 17 de outubro a asociación Noia Limpa levou a cabo unha nova xornada de limpeza da praia de Testal, no marco da XV Limpeza Simultánea de Praias promovida por ADEGA. Grazas ao traballo das persoas voluntarias, conseguíronse retirar un total de 70...

+

“Rairiz de Veiga” – Xosé González Martínez

O próximo día 25, despois da misa dominical, ás 11.30 horas, celebrarase na parroquia de Rairiz de Veiga, do homónimo concello ourensán da Limia, un acto promovido pola Asociación de Funcionarios-as para a Normalización Lingüística encadrado na iniciativa En galego,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

Manuel ¿para qué sirve la música? ¿Te podrías imaginar un mundo, la vida sin música, podrías vivir en ese mundo? Te imaginas ir al campo, y que faltase ese cantar del Mirlo o del Jilguero, que el silencioso fuese, tal silencio que hasta faltase el ulular del viento....

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“O mellor está por chegar” é unha expresión que se lle atribúe a aquel recoñecido poeta inglés,Robert Browning (1812-1889), que tantas veces reflexionou sobre o sentido da vida, o paso dotempo e a vellez das persoas e das cousas. Sobre a esperanza no futuro, que vén...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.