“Pais Youtubers” – Pedro Pérez

27 Agosto 2021

Hoxe en día o soño de moitos nenos nados do 2010 en diante é converterse en youtubers e lograr así unha vida cómoda e pracenteira. Para chegar a vivir da canle fan falta moitas horas de dedicación e saber xestionar os recursos para sacar a maior rendibilidade económica da Internet. É por isto que un neno de apenas 10 anos, e mesmo menos, non é capaz de sacar beneficios da plataforma sen a axuda de alguén cualificado ou suficientemente maduro como para xestionarlle a canle, é aquí onde aparecen as figuras dos axentes e dos pais.

Dada a gran cantidade de ganancias que pode chegar a dar unha canle de YouTube ben xestionado e que o protagonista dos seus vídeos é un inocente neno, os pais, ou en casos máis extremos os axentes son quen toman o control total da situación e manexan á súa antollo o diñeiro e o tempo que os nenos dedican aos vídeos.

Ante esta situación deberíase establecer unha lei para a protección do menor que garantise o seu bo trato á hora de traballar en YouTube, que os nenos estivesen supervisados en todo momento por algún profesional para que os pais ou axentes non os presionaran para facer vídeos a cada intre ou para esixirlles unha mellor calidade. Ademais, estes nenos terían que dispoñer dun documento que lles asegurase a maior parte dos beneficios da canle ao longo da súa etapa infantil ata chegar á maioría de idade que aí xa pasarían a xestionar eles as súas ganancias. Desta forma evitariamos que os nenos ao converterse en adultos non tivesen as ganancias reais ao longo da súa carreira como youtubers e entrasen en problemas xudiciais cos seus pais.

E todo isto non se debe unicamente aos pais ou das leis que establece o noso Goberno, xa que YouTube ten gran parte da culpa neste asunto. Xa sabemos como son as grandes empresas que buscan as máximas ganancias posibles sen preocuparse por quen as produce. Pois neste caso pasa o mesmo. YouTube gaña miles de millóns de euros ao ano, os seus empregados algúns gañan máis e outros menos, pero todos reciben a mesma protección, xa sexan adultos ou nenos. Eles terían que ser parte do proceso de mellorar a calidade das súas canles, eles terían que vivir máis de preto o día a día dos nenos que crean grandes beneficios para a súa empresa, porque sen eses nenos aos que tratan como adultos, as súas ganancias reduciríanse considerablemente. A plataforma o único que fixo para a protección do menor é crear un control parental para evitar que os nenos só vexan contido infantil.

Por todo isto, os altos cargos do noso país, os pais dos nenos e sobre todo YouTube deben reconsiderar a posición que están a adoptar ante un problema que afecta aos máis pequenos e que cada vez vai máis en aumento. Porque a pesar de que os nenos se divirten e crense protagonistas por aparecer na pantalla, o único que fan é crear a “Pais Youtubers”.

Outros artigos

“Peridis en Redondela”. Alberto Barciela

“Intentar definir el humorismo, es como pretender atravesar una mariposa, usando a manera de alfiler un poste telegráfico”. Así lo decía Enrique Jardiel Poncela, dramaturgo y novelista español, que a veces sabía muy bien lo que no quería saber. Es, diría yo, como...

+

“Bamos llendo acia- Vamos yendo hacia” – Manuel Domínguez

Bamos llendo acia- Vamos yendo hacia. Hoy en día no hay razón ninguna, en absoluto para escribir de esta forma tan cruel, que hiere los ojos. Todos los bares tienen prensa gratuita, al momento de tomar un café, cuando se leen las noticias deportivas, prestar un poco...

+

“Nuevos destructores de la democracia”. Manuel Velo

Las incoherencias pululan por la política seria, votando a los detractores de la democracia. No es fácil entender cómo el imputado Luis Pérez, de un agitador de calumnias y bulos en las redes sociales, sacara tres eurodiputados con el slogan, “Se acabó la fiesta”. Le...

+

“As medidas do faraón”. Celia García Pillado

O pasado 15 de xuño chegaba a tan esperada inauguración do novo Auditorio de Ribeira, inauguración non exenta de polémica, todo hai que dicilo. Daría para moito dito evento pero vamos a deixar esa reflexión para outro momento, porque non é o que me fai escribir hoxe...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Unha loita xusta e necesaria” – José Manuel Pena

“Unha loita xusta e necesaria” – José Manuel Pena

Sabiamos que nolo ían agradecer moi poucos pero nada nos importaba. Era algo que nos ditaba o corazón. Non podiamos quedar impasibles ante tanta inxustiza, nunha zona onde a apatía e o egocentrismo campa ás súas anchas. O que les importa á maioría das persoas do lugar...

“Máis pobreza e máis urbana”. Luís Celeiro

“Máis pobreza e máis urbana”. Luís Celeiro

O rural esborrállase e do urbano, do que había, pouco queda. Non queda nada, nada do quese coñecía naquelas épocas nas que o mundo (o noso mundo) esperaba outra cousa. Seguenas guerras, a especulación, os negocios sucios e de armamento; seguen os que andan napolítica...