Os empresarios de Ribeira consideran que a alternativa á variante non solucionaría a fluidez do tráfico da cidade

05 Agosto 2021

A Asociación de Empresarios de Ribeira, a través do seu presidente Francisco Martínez Gude, emitiu un comunicado no que chaman a atención dos grupos políticos que subscriben a súa oposición ao trazado da variante de Ribeira, oposición que se materializou novamente esta semana coa convocatoria dun pleno extraordinario do que falamos en O Barbanza. Os empresarios, se ben recoñecen como lexítima a posición dos partidos, cren que nos seus posicionamentos non deben esquecer o fin primordial da obra, “que non é outro que dotar á cidade duns accesos áxiles e cómodos para todos os sectores da cidadanía”.

E engaden: “A obra de ampliación que vostedes propoñen, como vostedes mesmos sinalan, é unha circunvalación, que poderá resolver os accesos a Castiñeiras e Aguiño, pero que non soluciona a fluidez de entrada e saída do tráfico da cidade”. A patronal tamén pon o foco en que “a oposición á variante suporía, en caso de novo estudo, a paralización da obra e a dilatación no tempo da execución da mesma en non menos de 4 anos, o que en ningún caso cremos que Ribeira se poida permitir”.

Segundo a asociación, “o novo polígono é unha necesidade”, ao igual que “o novo centro de saúde” e “na loita estamos para obtelo e necesitamos a variante entre outras cousas, pero polo menos as que están en marcha non as paremos, iso é o que lles pedimos aos grupos e ao Goberno municipal, non é o momento de pararnos ou recuar, pedímoslles que teñan miras altas polo benestar do pobo e non poñan paus nas rodas dos proxectos que tan necesarios son, a planificación de Ribeira é a que é, e se un trazado afecta a uns propietarios non esquezan que o alternativo afectaría a outros”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...