O Goberno galego achega 12,2 millóns en axudas para o emprego autónomo

04 Agosto 2021

A Xunta deu a coñecer este 4 de agosto as axudas destinadas a impulsar o emprego autónomo e apoiar a consolidación do xa existente, que contan cun orzamento de 12,2 millóns de euros. Trátase dun programa que inclúe dúas liñas de financiamento, que se poden solicitar desde mañá e ata o próximo 30 de setembro. A previsión é beneficiar a 3.000 autónomos e 90 empresas a través desta iniciativa.

Por unha banda, co obxectivo de facilitar a posta en marcha de novas iniciativas empresariais, invístense 11,2 millóns de euros. Esta liña de financiamento fixa incentivos de 2.000 euros para apoiar o inicio da actividade dos autónomos, duplicándose a contía ata os 4.000 euros para os menores de 30 anos, os parados de longa duración e as persoas con discapacidade ou en risco de exclusión social. As contías poden incrementarse nun 25% no caso do que os beneficiarios sexan mulleres, emigrantes retornados, persoas maiores de 45 anos ou no caso de que a empresa estea emprazada nun concello rural, entre outros supostos. Así, as axudas máximas poden alcanzar os 10.000 euros.

Esta mesma convocatoria, que se publica hoxe no DOG, inclúe tamén axudas para que os autónomos poidan contratar de xeito indefinido a traballadores. Así, para a primeira persoa traballadora indefinida, as axudas van desde os 4.000 euros aos 6.500 nos casos de parados de longa duración e persoas con discapacidade ou en risco de exclusión social. Para incorporar á segunda e terceira persoa traballadora indefinida, a axuda irá desde os 6.500 euros ata os 9.000 euros. Estes apoios poden incrementarse nun 25% nos mesmos supostos que no programa de impulso ao emprego autónomo. Estas axudas poden alcanzar os 22.500 euros e, ademais, ponse en marcha por segundo ano o bono formación, que inclúe 4.000 euros por persoa contratada, sendo compatíbel co bono contratación.

Este programa súmase aos máis de 587M€ que a Xunta puxo a disposición de autónomos e empresas en tempo récord para axudarlles a manter a súa actividade económica fronte á pandemia a través dos plans de rescate e axudas directas.

Outras liñas de axudas que a Xunta convocou este ano dirixidas ás persoas traballadoras por conta propia son o Bono Autónomo para a mellora do rendemento empresarial e profesional dos autónomos cunha antigüidade superior aos 42 meses; os incentivos á consolidación de pequenas empresas de nova creación; e as axudas ás empresas cualificadas como iniciativas de emprego de base tecnolóxica, así como os apoios ás asociacións de autónomos.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Lo imposible es posible” – Manuel Domínguez

“Lo imposible es posible” – Manuel Domínguez

Lo imposible es posible. Antonio, (nombre ficticio), es un fumador desde los 14 años, con sesenta toma sus vinos y consume , ya no fuma cajetillas sino que él hace sus propios pitillos, artesanía, fue al médico, su futuro es no muy largo, sus venas son muy solidas,...

“En democracia no hay ideas prohibidas”. José Castro López

“En democracia no hay ideas prohibidas”. José Castro López

La escritora británica Evelyn Beatrice Hall publicó en 1906 el libro “The Friends ofVoltaire” en el que relata como entendía la tolerancia el filósofo francés y dejó para lahistoria la frase “No estoy de acuerdo con lo que dices, pero defenderé con mi vida tuderecho a...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.